A edil de Benestar estivo nas conferencias celebradas na Deputación de Lugo, que trataron a mellora de servizos de calidade en pequenos municipios.
Abordouse a aposta pola calidade e a proximidade para cambiar as dinámicas socioeconómicas de atención a este colectivo.

A concelleira de Benestar, Olga López Racamonde, asistiu esta mañá á xornada "A prestación de servizos de calidade ás persoas maiores nos municipios de pequeno tamaño como estratexia contra o despoboamento", organizada pola Fundación Democracia y Gobierno Local, en colaboración coa propia institución provincial. A edil de Maiores do Concello de Lugo tomou nota dalgúns das melloras introducidas no modelo de atención a estes colectivos nos municipios de pequeno tamaño da institución provincial, para adaptar e mellorar as prestacións e os servizos aos maiores das zonas rurais do municipio.
De feito, no transcurso do congreso, que reuniu a expertos e profesionais do sector da prestación de servizos sociais, se destacou a rede pública de Centros de Atención a Maiores da Deputación como exemplo de políticas útiles para favorecer o benestar social e afrontar o reto demográfico, e, polo tanto, como estratexia eficaz para fixar poboación.
Neste sentido, entre as conclusións acadadas nestas xornadas destacouse o cambio das dinámicas socioeconómicas que se xeran en torno á atención das persoas maiores, así como a necesidade de apostar pola calidade, a proximidade, e a universalidade duns servizos públicos nas zonas rurais.
A xornada reuniu a varios expertos, profesores e técnicos, o que permitiu a concelleira de Benestar informarse das novas dinámicas sobre a atención aos maiores; a loita contra a despoboación en zonas rurais e o coidado dun colectivo, que no municipio ten a problemática engadida de que máis de 5.000 persoas viven soas, e para as que o Concello de Lugo ten en marcha programas como Xantar na Casa e Axuda no Fogar, nos que inviste preto de 36 millóns de euros ao longo deste mandato.



