O vindeiro xoves 11 de febreiro, cita coa literatura de Rocío López nas Catas Literarias do MIHL

As entradas poden mercarse dende mañá mércores por 5 euros en www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio MIHL

Martes, 02 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O vindeiro xoves 11 de febreiro, cita coa literatura de Rocío López nas Catas Literarias do MIHL

Rocío López será a protagonista da segunda cata literaria do Museo Interactivo da Historia (MIHL) o vindeiro xoves, 11 de febreiro, ás 20:00 horas. Así o anunciou este martes a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen agarda que o éxito da primeira cata, que correu a cargo de Pilar Eyre e que reuniu a un cento de persoas no MIHL, se volva a repetir nesta segunda cita, que  ten esencia lancaresa.

“Nas catas deste primeiro semestre non soamente vamos a ter escritores de renome, senón que gardamos un espazo para proxectar as obras dos escritores noveis ou de escritores que leven menos tempo neste mundo”, avanzou a edil ao tempo que anunciou que as entradas poden mercarse dende mañá mércores por 5 euros na web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo, de luns a sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, e no propio MIHL, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas.

Nestas catas literarias, que terán lugar o primeiro xoves de cada mes ata xuño, tamén haberá gastronomía lucense acompañada de viño da Ribeira Sacra. Ademais, durante todos os eventos, un grupo de música de Lugo acompañará aos asistentes. O xoves 11, as tapas correrán a cargo do Mesón de Lubre, e a música, de Arnt Buntz.

Como en anteriores ocasións, as librerías da cidade porán á disposición dos asistentes no MIHL a bibliografía do escritor protagonista para que os asistentes poidan mercalos e asinalos polo propio autor.

Unha cata con esencia lancaresa

Rocío López naceu en Láncara en 1974. Diplomada en Educación Primaria pola Universidade de Santiago é apaixonada das series policiais e de suspense. Despois do éxito acadado coa súa primeira novela Nunca volverás a Pikeville, López saca á luz Ladrona de vidas

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a segunda cata literaria do Museo Interactivo da Historia (MIHL) |Descargar mp3

Noticias relacionadas