O Vello Cárcere acolle a presentación do libro La revolución árabe. Democracia, nacionalismo, religión y palestina como nudo gordiano

Venres, 04 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acolle a presentación do libro La revolución árabe. Democracia, nacionalismo, religión y palestina como nudo gordiano

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou, este venres, no auditorio do Vello Cárcere, na presentación do libro La revolución árabe. Democracia, nacionalismo, religión y palestina como nudo gordiano xunto ao autor, Mohamed Safa (Cisjordania, 1961) e o escritor e xornalista, Fernando Salgado. A obra analiza os levantamentos que convulsionaron Oriente Próximo e os relaciona co conflito xerado pola ocupación israelí de Palestina.

Durante a presentación, Carmen Basadre sinalou que este libro “permítenos achegarnos e coñecer de primeira man, a realidade da revolución árabe a través dun análise exhaustivo que mostra aos lectores, cómo dende a caída de ditaduras instaladas no poder de Oriente Próximo, desencadeáronse tremendas guerras civís”.

Mohamed Safa céntrase, nesta obra, na perspectiva das revolucións que aconteceron durante os primeiros meses de 2011, nos países árabes del Magreb, Egipto, Oriente Medio e algunhas nacións da Península Arábiga, baixo o coñecido nome de Primavera Árabe.

Noticias relacionadas