Villar mostrou o seu agradecemento “pola hospitalidade e o agarimo que Lugo mostra ano tras ano coa Armada” e expresou o seu compromiso de “continuar fortalecento esta relación de amistade”.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu este luns ao Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol, Gonzalo Villar Rodríguez, no Salón de Comisións da Casa Consistorial. Villar, que tomou posesión do seu novo cargo como máximo representante institucional da Marina en todo o norte de España en outubro do pasado ano asinou no Libro de Ouro do Concello de Lugo na súa primeira visita oficial á cidade.
O rexedor quixo agradecer a Villar a súa presenza e a das tropas da Armada na cidade de Lugo con motivo da Semana Santa “a vosa compañía é un acicate máis na solemnidade das nosas celebracións, que pertence xa, ademais, ao noso patrimonio cultural e inmaterial”, destacou Fernández.
Pola súa banda, o almirante xefe subliñou que “é para min un privilexio poder asinar neste Libro de Ouro con motivo da miña primeira participación nos actos da Semana Santa lucense”. Así mesmo, Villar mostrou o seu agradecemento “pola hospitalidade da Corporación Municipal e da cidadanía, polo agarimo que Lugo mostra ano tras ano coa Armada” e expresou o seu compromiso de “continuar fortalecento esta relación de amistade”.


