O Gustavo Freire, máis romántico ca nunca, este xoves coa representación de La Hermosa Jarifa

O mito de Medea chegará ao auditorio o vindeiro sábado, a partir das 20:30 horas, da man de Aitana Sánchez-Gijón

Os interesados en asistir a ambas as dúas representacións, poden mercar a súa entrada en www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio auditorio unha hora antes do comezo do espectáculo

Xoves, 25 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As compañías de teatro La Morgue, Distribución Escénica e Saga Produciones achegarán este mércores ao Auditorio Municipal Gustavo Freire a representación teatral de La Hermosa Jarifa, a partir da historia do Abencerraje e de Jarifa de Antonio de Villegas, o Romanceiro Popular e outras fontes, dentro do programa da XVI Mostra de Teatro Clásico, organizada polo Concello. A partir das 20:30 horas, os asistentes serán testigos de como o amor vence os obstáculos, a través dunha historia de loita entre moros e cristianos, na que Abindarraéz, que cruza Andalucía para celebrar a súa voda con Jarifa, é apresado por Narváez.

A edil convidou a todos os lucenses a presenciar esta historia de amor, “que a pesar de discurrir nos anos 1400, nunca tan actual estivo, pois trátase dun xesto de humanidade entre dúas culturas de comprensión e entendemento, como son o pobo musulmán e cristiano”, e a gozar das tapas inspiradas tanto nesta interpretación teatral como no resto de obras que compoñen a XVI Mostra de Teatro Clásico, que se poderán degustar ata o 12 de marzo por un prezo de 2 euros na Arrocería Os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ulla, Restaurante Campos, La Encina, Mangiarte, Manuel Manuel e Paprica.

O mito de Medea, o sábado no auditorio

O mito de Medea chegará ao auditorio o vindeiro sábado, a partir das 20:30 horas, da man de Aitana Sánchez-Gijón, que recreará a historia desta muller que tras sentirse traicionada polo seu pobo e o seu marido, chega ao extemo de matar aos seus fillos como vinganza.

Entradas

Para os interesados en asistir a estas representacións teatrais, as entradas pódense adquirir na páxina web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no mesmo auditorio unha hora do comezo do espectáculo.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a nova entrega do XVI Mostra de Teatro Clásico |Descargar mp3

Noticias relacionadas