O Goberno Local avanza na rexeneración urbana a través do muralismo cunha nova edición do Urban Cores en Fingoi

O alcalde, acompañado do edil de Xuventude, comprobaron a marcha do mural que a artista Raquel Coba está a realizar nunha fachada fronte á Praza Roxa do barrio.

Miguel Fernández sinala que con esta nova convocatoria intervirase noutros espazos  públicos de Fingoi, para crear “lugares de encontro a través de arte e da creatividade”.

Para o concelleiro Jorge Bustos “é unha forma de dar visibilidade ao talento artístico ao tempo que implicamos á comunidade na conservación e coidado destes murais”.

Mércores, 09 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno Local avanza na rexeneración urbana a través do muralismo cunha nova edición do Urban Cores en Fingoi

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompañado do concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, visitaron o barrio de Fingoi para comprobar a marcha dun mural que a artista Raquel Coba está a realizar nunha fachada da rúa Illa de Man, fronte á Praza Roxa. Trátase dunha iniciativa que se enmarca dentro da nova convocatoria do programa municipal Urban Cores, “co que o Goberno Local avanza na rexeneración urbana a través da arte, a creatividade e o muralismo, con varias intervencións no barrio de Fingoi”, sinalou o alcalde.

O rexedor de Lugo e o responsable de Xuventude coñeceron o proceso de creación deste mural da man da súa propia creadora, unha muralista cunha ampla experiencia en festivais e proxectos urbanos por toda España, cunha obra que se caracteriza pola harmonía cromática e a capacidade de conectar coa contorna a través de formas e simbolismo. En Fingoi, a súa intervención dará cor e identidade á fachada asignada, creando unha obra que servirá como punto de referencia dentro do barrio. Xunto a todos eles estivo Manuel Pallín, de Concepto Circo, coordinador do proxecto Urban Cores que impulsa o Concello de Lugo, xunto ao tamén artista lucense, Diego As.

Para o concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, “grazas a iniciativas como o Urban Cores creo que Lugo consolidouse como un referente da arte urbana, intervindo en varios espazos públicos de distintos barrios. Seguimos avanzando nesa rexeneración a través do muralismo e a creatividade e nesta edición a intervención realizarase en Fingoi, agardamos que ao longo do mes de abril. Neste barrio, está previsto que tres artistas de renome interviñan varias fachadas e infraestruturas públicas, enchendo de talento e arte varios espazos”.

Para desenvolver esta nova convocatoria do programa, xunto a Raquel Coba, estará o colectivo Muro Mola e BubleGum, ou Tirso Paz, un dos artistas lucense máis recoñecidos a nivel internacional e que no 2024 acadou o premio ao mellor mural do mundo para os artistas, cunha obra realizada en Valencia. Muro Mola intervirá nunha caseta da luz e fará un obradoiro de graffiti, mentres que BubleGum fará o propio noutra fachada do barrio.

Grazas á participación de todos estes artistas e á implicación dos coordinadores, Manuel Pallín e Diego As, o Concello de Lugo, a través da área de Xuventude, pode organizar unha nova edición deste Urban Cores, coa que, explica Miguel Fernández, “imos avanzar na revitalización da cidade, mediante a transformación de espazos e lugares públicos, fomentando o talento, a creatividade e as novas formas de arte que ademais axudan a mellorar a nosa cidade”.

As intervencións que levaranse a cabo no barrio de Fingoi se suman ás realizadas en anteriores edicións do Urban Cores, que permitiron a humanización e rexeneracións de espazos, muros e edificios no barrio das sindicais na rúa Esquecemento. Todas elas se suman á cultura da arte urbana ao aire libre, no que Lugo xa é unha referencia con obras tan recoñecidas internacionalmente, como o Julio César de Diego As ou a Castrexa de Concepto Circo, entre moitas outras.

Audio

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre a nova edición do Urban Cores en Fingoi | Descargar mp3

Multimedia

  • O Goberno Local avanza na rexeneración urbana a través do muralismo cunha nova edición do Urban Cores en Fingoi

Noticias relacionadas