O espectáculo familiar Euria, a ópera prima de Ítaca Teatro e a música do cantautor Emilio Rúa, as ineludibles desta fin de semana en Lugo

As funcións teatrais, que se enmarcan na programación de Artes Escénicas do Concello, serán no Auditorio Municipal Gustavo Freire; o sábado a familiar dende as 18:30 horas, e o domingo a de adultos, ás 20:30 horas

As entradas para ambas as dúas xa están á venda en entradaslugo.es e na Oficina Municipal de Turismo. O prezo é de 4 ou 2 euros para Euria, e de 10 ou 8 para Cinco minutos sin respirar

O concerto, ao abeiro do ciclo organizado polo Concello Músicas Mesturadas celebrarase o domingo ás 18:00 horas no Vello Cárcere. A entrada é libre ata completar a cabida

Xoves, 07 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O espectáculo familiar Euria, a ópera prima de Ítaca Teatro e a música do cantautor Emilio Rúa, as ineludibles desta fin de semana en Lugo

O espectáculo familiar Euria, a ópera prima de Ítaca Teatro, Cinco minutos sen respirar, e a música do cantautor Emilio Rúa, as ineludibles desta fin de semana en Lugo.

O sábado, Markeliñe presentará Euria, premio FETÉN 2017 ao mellor espectáculo, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, a partir das 18:30 horas. Euria (chovia) fala do que pasa cando algo ou alguén a quen queremos xa non está. E de todo ese fastidioso tempo que necesitamos para entender e aceptar que algo cambiou. O espectáculo está feito con: gotas de auga, un paraguas colorado, unha caixa de ferramentas, bágoas gardadas nos caixóns,  4 acrobacias,  outro paraugas abandonado e roto, acenos fermosos nunha canción triste, un ferro de pasar louco, un espertador de moitos recordos, unha ventá ao exterior e un sol debuxado. E, mesturándoo todo de maneira máxica, parece que falamos, á fin, da nosa capacidade de superación.

O domingo 10, o cantautor ourensán Emilio Rúa será o encargado da primeira actuación do ciclo Músicas Mesturadas, organizado polo  Concello, do mes de marzo, as 18:00 horas, no Vello Cárcere. Estará acompañado por tres artistas de traxectoria recoñecida no panorama musical: Rosa Cedrón e Rebeca Jiménez. Nesta actuación estaba prevista a presenza de LaShica, que finalmente non pode asistir, achegándose ao Vello Cárcere Josele Santiago.

Ese mesmo día, ás 20:30 horas, a compañía luguesa profesional Ítaca teatro  presentará Cinco minutos sen respirar no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Elena López e Carlos Rebolo, baixo a dirección de Carlos Neira, son os protagonistas desta obra, que retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado. 

A montaxe, que foi presentada este xoves pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o seu elenco na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe. Cinco minutos sen respirar fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas que non dá tempo a resumilas en cinco minutos.

Entradas

As entradas para ambas as funcións teatrais, enmarcadas na programación de Artes Escénicas do Auditorio Gustavo Freire, poden mercarse xa na web entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e nas propias instalacións do auditorio o día da función, desde hora e media antes do comezo de cada espectáculo.

O importe é de 4 euros para os adultos e dous para nenos e nenas para o espectáculo familiar do venres, e de 10 euros en zona A e 8 euros en zona B para o espectáculo do sábado, organizado polo Concello e AGADIC. Existen descontos para persoas desempregadas, pensionistas e mozos e mozas de ata 30 anos. As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso. Para o concerto, a entrada é de balde, ata completar a cabida

Audio

  • A edil Carmen Basadre sobre o espectáculo familiar Euria | Descargar mp3

Noticias relacionadas