O Concello saldará este mes de novembro a totalidade das horas extraordinarias realizadas polo persoal municipal

Esta mañá foi aprobado o nomeamento do novo Sarxento dos Bombeiros de Lugo

A Xunta de Goberno autorizaba ademais a realización dunha Comisión de Servizo dun axente de Policía procedente do Concello de Sant Antoni de Portmany

Venres, 22 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello saldará este mes de novembro a totalidade das horas extraordinarias realizadas polo persoal municipal

O Concello de Lugo liquidará na nómina de novembro o pago de tódalas horas extraordinarias realizadas polos traballadores municipais que ascenden a 302.000 euros.

“Trátase, dunha forma simbólica, de poñer o contador a cero, de saldar os pagos pendentes para que, de cara ao próximo exercicio, non teñamos ningunha carga procedente de anos anteriores. Unha medida que, xunto coa organización do persoal que xa puxemos en marcha - dentro das prioridades fixadas pola rexedora, Lara Méndez, ao inicio do mandato - nos permitirá, por unha banda, levar un control máis exhaustivo da xornada laboral e, pola outra, poder atender con inmediatez os pagos das novas horas que se xeneren, explicou a concelleira”.

Paula Alvarellos lembrou que nos últimos tres meses a área de Gobernanza deu importantes pasos “para mellorar a xestión dos distintos departamentos dunha forma integral con medidas - impulsadas dende a Alcaldía - que redundarán non só na eficiencia da organización interna senón tamén na eficacia dos servizos que se prestan á cidadanía”.

Neste senso, referiu a dixitalización da pegada dactilar de todos os traballadores municipais que, a partir do vindeiro ano terán que fichar, o reforzo do persoal en áreas que levan tempo saturadas por acumulación de tarefas así como a simplificación dos protocolos de tramitación que servirán para alixeirar os procedementos, diminuíndo a burocracia tanto para a administración como para o administrado. Ademais, temos varios procesos selectivos moi avanzados, entre eles as OPES dos últimos catro anos e agardamos poder contar proximamente cunha RPT que regularice de forma definitiva a situación do persoal do Concello”, explicou a edil.

Tamén relacionado con esta materia, esta mañá celebrábase unha Xunta de Goberno Extraordinaria na que o executivo aprobou o nomeamento de Miguel López Palacios como novo Sarxento de Bombeiros como funcionario de carreira, así como unha proposta para a realización dunha Comisión de Servizos de carácter voluntario dun axente de Policía procedente do concello de Sant Antoni de Portmany que se incorporará ao Corpo lucense con efectos do próximo 1 de decembro.

Unha Comisión de Servizos que terá unha duración dun ano, prorrogable por outro, no caso de non terse cuberto o posto con carácter definitivo.

De igual xeito, no encontro de hoxe acordouse iniciar a revisión de oficio, a instancias dun interesado, das bases específicas para o acceso en propiedade dunha praza de celador de colexio público pertencente ao cadro de persoal funcionario en quenda libre reservada a discapacitados, no relativo ás solicitudes de participantes no proceso que non reunían esa condición.

Noticias relacionadas