O Concello propón un novo paseo artístico mañá para coñecer o Camiño Primitivo

No que vai de verán, unhas 40 persoas gozaron con esta alternativa que converte o paseo en reto creativo, que coa súa cámara fotográfica poderán tomar imaxes coas que logo se creará un álbum

As persoas interesadas en participar nesta andaina poden inscribirse na Oficina Municipal de Turismo ou no teléfono 982-25-16-58

Venres, 11 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, ten preparado para mañá sábado, un paseo artístico polo Camiño Primitivo ao seu paso polo municipio. No que vai de verán, unhas 40 persoas gozaron con esta andaina que busca descubrir esta ruta de peregrinación dende unha perspectiva artística. Entre as persoas participantes destacan as procedentes de Lugo, Madrid, Málaga, Bilbao e Andalucía.

As persoas interesadas en participar nesta andaina, que se celebrará todos os sábado ata o 9 de setembro, poden inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ou a través do teléfono 982-25-16-58. A saída terá lugar ás 18:00 horas dende a Praza do Campo, e o paseo durará dúas horas, rematando na Ponte Romana.

Dito paseo converterase nun reto creativo para os e ás participantes, que coa súa cámara fotográfica ou dispositivo alternativo poderán tomar imaxes coas que logo se creará un álbum colectivo.

En materia de difusión do patrimonio lugués, os blogueiros de Otium Madrid coñecerán entre hoxe e mañá os tesouros da cidade, co obxecto de difundilo entre as persoas seguidoras deste site de lecer.

Noticias relacionadas