O Concello participa nun encontro internacional sobre boas prácticas de inserción laboral

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo está a participar no encontro internacional sobre boas prácticas de inserción laboral que se celebra desde o pasado luns, día 5 de novembro, en Salamanca baixo o título de "Encuentro Internacional sobre buenas prácticas en la nueva Europa social".

Esta xuntanza, que remata hoxe, está encadrada dentro da iniciativa de cooperación transnacional Equal e reúne a representantes de proxectos europeos de inserción laboral de Italia, Polonia, Grecia e España.

Unha técnica de emprego do Concello de Lugo presentou onte o proxecto “Lugo Social” para poñer en común a metodoloxía do programa e os resultados obtidos con esta inciciativa municipal. Na charla que impartiu a traballadora municipal destacou que o Concello de Lugo procura que esta aposta polo emprego vaia máis alá da duración temporal dos propios proxectos e se consolide de xeito estable.

Precisamente é neste contexto, no que se enmarca o proxecto do Concello de Lugo de crear un centro de para o emprego, no que se facilitarán ás persoas que o necesitan as ferramentas necesarias para a mellora do seu acceso ao mercado de traballo como formación, orientación e asesoría.

Noticias relacionadas