O Concello de Lugo pechará esta tarde os parques da cidade ante o aviso de alerta por refachos de vento de ata 70 quilómetros por hora

O Goberno Local tomará esta medida ante a previsión dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo.

Ademais, fai un chamamento á cidadanía para que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

Martes, 07 de xaneiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo pechará esta tarde os parques da cidade ante o aviso de alerta por refachos de vento de ata 70 quilómetros por hora

O Concello de Lugo informa de que a última hora desta tarde está previsto que a Área de Transición Ecolóxica proceda ao peche dos parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por ventos de compoñente sur que poden deixar refachos de ata 70 quilómetros por hora e que afectarán o centro da provincia de Lugo.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

Noticias relacionadas