O Concello de Lugo garante o suministro de auga na rúa Montero Rios cunha instalación provisional

Luns, 30 de decembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou esta mañá que se está traballando nunha  instalación provisional que garante o abastecemento de auga dos veciños e veciñas da rúa Montero Rios.

Neste sentido, explicou que “as previsións indican que ao final da mañá do 31 de decembro haberá servizo de auga sen cortes e con total normalidade mentres se está arranxando a avería principal”. O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente incidiu en que “dende o Concello traballamos para levar a cabo as obras e intentado evitar as menores molestias posibles”.

Noticias relacionadas