- Tema

O Concello de Lugo quere trasladar o seu profundo pesar polo inesperado falecemento da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, ocorrido nas últimas horas.
Toda a Corporación municipal e o equipo de Goberno lamentan esta perda irreparable e acompañan á súa familia, amizades e compañeiros e compañeiras nun momento de enorme dor para a cidade.
Desde que se coñeceu a noticia, están a chegar innumerables mostras de cariño por parte de autoridades, institucións, entidades do tecido asociativo, clubs deportivos e, en xeral, de toda a sociedade lucense, un reflexo do profundo aprecio e respecto que suscitaba Paula. O Concello de Lugo quere agradecer de corazón todas estas mensaxes de apoio, que confirman a pegada que deixou en tantas persoas.
Quen tivo a sorte de compartir con ela esta aventura, de traballar ao seu lado, sabe que Paula Alvarellos foi moito máis que unha alcaldesa. Era unha persoa cercana e empática, alguén que sabía escoitar, unir equipos e crear espazos de confianza e motivación. Sempre honrada e íntegra, o seu compromiso co Concello e coa súa xente ía máis alá da responsabilidade institucional: era unha convicción persoal, unha forma de entender a política desde a proximidade e a humanidade.
Como testemuña do fondo dor e do pesar no que nos ten sumidos o repentino falecemento da nosa alcaldesa, o Concello de Lugo declara tres días de loito oficial no termo municipal desde as 13:00 horas do día de hoxe, ata as 13.00 horas do martes 4 de marzo. Durante este período a bandeira do concello ondeará a media asta no exterior da casa consistorial e no resto das dependencias municipais. Así mesmo, suspéndense todos os actos oficiais organizados polo concello, en particular con motivo do Entroido, ata a finalización do loito oficial.
Descansa en paz, Paula.

