O Concello de Lugo estuda retirar as distincións municipais a Franco, Antonio Pedrosa Latas, Comandante Manso e Heli Rolando de Tella

A Corporación municipal tamén decidirá sobre o cambio de nome de varias rúas en aplicación da Lei da Memoria Histórica

Luns, 27 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Corporación municipal de Lugo debaterá na sesión plenaria ordinaria do vindeiro luns, día 4 de maio, a retirada das distincións municipais outorgadas no seu día a Francisco Franco e a outras figuras da época franquista e tamén se pronunciará sobre o cambio de nomes nalgúnas rúas da cidade en aplicación da Lei da Memoria Histórica.

A proposta do Goberno local que debaterá o Pleno da Corporación lucense, da que foi informada hoxe a Comisión de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, inclúe a retirada dos títulos de Alcalde Honorario e Alcalde Honorario Perpetuo a Francisco Franco e das Medallas de Ouro da cidade concedidas no seu día a Heli Rolando de Tella, Comandante Manso e Antonio Pedrosa Latas.

Asimesmo, o Goberno municipal propón o cambio das seguintes rúas: Xeral Tella que pasará a chamarse Avelino Pousa Antelo, Comandante Manso por Mártires de Carral, Cedrón del Valle polo nome de Isaac Díaz Pardo, Teniente Coronel Teijeiro polo de Luis Peña Novo, Glorieta Irmáns Pedroda polo de Xaquín Lorenzo “Xocas”, Ruiz de Alda polo de Luis Cordeiro e Carlos Azcárraga polo de Adolfo Suárez.

A proposta inclúe ademais poñerlle o nome de paseo de Daniel Varela Piñeiro ó treito da ronda interior da Muralla que vai dende a praza do Cantiño ata a rúa do Teatro.

Por último, proponse o cambio de enderezos que seguidamente se relacionan: Avda Infanta Elena números 11, 13, 15, 17, 19. 21, 23, 25, 27 e 29 por rúa Paradai números 23, 25, 27, 29, 31, 33, 35, 37, 39 e 41.

Noticias relacionadas