A cuarta tenente de alcalde, Ana González Abelleira, foi a encargada de entregar o ramo de flores, símbolo da ofrenda que leva a cabo cada 15 de agosto a institución lucense.

O Concello de Lugo renovou un ano máis a ofrenda da cidade a súa patroa, a Virxe dos Ollos Grandes, nun acto que, como cada 15 de agosto, está cargado de significado, recollemento e devoción a patroa de Lugo. A encargada de facer entrega do centro de flores, como símbolo de ofrenda á Virxe dos Ollos Grandes, foi a cuarta tenente de alcalde, Ana González Abelleira, quen representou ao Goberno Local xunto a concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde.
Antes da tradicional ofrenda na capela da patroa de Lugo, tivo lugar unha procesión desde a Casa Consistorial ata a Catedral, nunha comitiva encabezada pola garda de gala, as citadas representantes do Goberno Local e outros integrantes da Corporación Municipal.
Unha vez chegados á Catedral, se celebraron os actos relixiosos, cunha misa oficiada polo Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, que remataron coa entrega do centro de flores á patroa e a correspondente ofrenda á patroa, na capela da Virxe dos Ollos Grandes.






