O Concello converte a Lugo en referente no estudo e difusión da cerámica antiga cunhas xornadas internacionais

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible presentou as Xornadas Internacionais de Cerámica Antiga no Noroeste Peninsular, durante as que 25 expertos de renome mundial abordarán esta temática entre os días 25 e 28 de abril no Vello Cárcere

O evento, organizado polo Concello dentro do seu programa conmemorativo do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, contribuirá a afondar no coñecemento da produción e comercialización cerámica, na que Lugo, onde hai máis de 40 fornos documentados, tivo un papel central entre os séculos I e V

As universidades de Santiago e Vigo outorgarán un crédito de libre configuración ao seu alumnado pola participación no congreso, que conta co aval científico da Sociedade de Estudos da Cerámica Antiga en Hispania (SECAH)

Xoves, 15 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello converte a Lugo en referente no estudo e difusión da cerámica antiga cunhas xornadas internacionais

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, presentou este xoves na sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías as Xornadas Internacionais de Cerámica Antiga no Noroeste Peninsular, coas que o Concello converterá a Lugo en referente no estudio e difusión desta temática entre os días 25 e 28 de abril no Vello Cárcere. De feito, trátase do primeiro congreso deste entidade e dimensións que se organiza en Galicia sobre cerámica antiga, pois reunirá a 25 expertos de renome a nivel mundial, que ofrecerán 17 conferencias e participarán en mesas redondas e seminarios durante catro días. Haberá ademais visitas guiadas polos museos municipais.

Esta é a nova actividade do programa que está a desenvolver o Concello con motivo da conmemoración neste 2018 do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, que arrancou en xaneiro coas xornadas de arqueoloxía Desenterrar o Pasado. Precisamente esta tarde, ás 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere, terá unha nova conferencia, a cargo da que foi arqueóloga municipal durante máis de 30 anos, Covadonga Carreño.

Xunto a Piñeiro, na rolda de prensa desta mañá compareceron os coordinadores das Xornadas Internacionais de Cerámica: o arqueólogo municipal, Enrique González, e Roberto Bartolomé, especialista na materia con investigacións feitas nos últimos anos sobre a producción cerámica lucense.

Coa iniciativa colaboran as universidades de Santiago de Compostela e Vigo, que integrarán as xornadas na súa oferta formativa outorgando un crédito de libre configuración ao alumnado que participe, e conta co aval científico da Sociedade de Estudos da Cerámica Antiga en Hispania (SECAH).

O congreso “contribuirá a afondar no estudo, tanto das diferentes tipoloxías de cerámica atopadas, como na importancia das relacións comerciais existentes entre as distintas cidades do entorno en época antiga”, explicou Daniel Piñeiro. Lugo tivo un papel protagonista no noroeste peninsular neste eido, pois foi un gran centro productor de cerámica entre os séculos I e V. De feito, os máis de 40 fornos documentados durante as diferentes escavacións arqueolóxicas realizadas na cidade nos últimos trinta anos fixeron que esa produción oleira, especialmente de engobe vermello, chegase a ser recoñecida non só en todo o noroeste da Península, senón que en áreas do actual País Vasco, a cunca alta e media do Ebro, a meseta Norte, a zona bracarense e incluso chegar a sobrepasar o río Douro.

Poñentes

Entre os poñentes figuran nomes como Pedro C. Carvalho, profesor da Universidade de Coimbra e coordinador de diversos proxectos de investigación arqueolóxica; Carmen Fernández Ochoa, catedrática de Arqueoloxía na Universidade Autónoma de Madrid e directora de numerosas escavacións arqueolóxicas e estudos sobre o proceso romanizador de Hispania, especialmente, no noroeste peninsular; Ángel Morillo Cerdán, catedrático de Arqueoloxía na Universidade Complutense de Madrid e gran coñecedor do proceso de implantación romana na rexión setentrional da Península; Rui Manuel Lopes de Sousa Morais, profesor da Universidade do Porto estudoso do comercio na antigüidade; Carmen Aguarod Otal, xefa do servicio de Cultura do Concello de Zaragoza, pertencente ao Consello Internacional de Museos (ICOM) e responsable de diversos proxectos museográficos na cidade aragonesa; María Pilar Sáenz Preciado, profesora da Universidade Internacional da Rioxa, directora de numerosas escavacións na Rioxa, no resto de España e noutros países e unha das maiores especialistas no estudo da Terra Sigillata Hispánica.

Información e inscricións

As inscrición nas xornadas, con prazas limitadas, poden facerse dende hoxe mesmo e ata o día 23 de abril, de xeito gratuíto, na páxina web www.xornadasceramica.eu na que figura toda a información sobre o evento. As prazas reservaranse por orde de inscrición.

Programa

Mércores, 25 de abril

9:00.- Recepción e entrega de documentación.

9:30.- Acto inaugural.

10:00.- Conferencia inaugural 1. Navegación no Atlántico Norte: rexistro arqueolóxico e xeopolítico. Juan Naveiro López (Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela).

11:00.- Pausa / Café.

11:30.- Conferencia 2. Cerámicas  tardoantiguas na metade sur do Reino  Suevo. Os casos de Braga,  Conímbriga e  Idanha a  Velha. Adolfo Fernández Fernández (Doutor en Arqueoloxía e profesor con bolsa  postdoctoral da  Universidade de Vigo).

12:30.- Conferencia 3. Contextos  cerámicos do xacemento galaico-romano de  Armea, Allariz (Ourense). Alba Rodríguez Novoa, Patricia Vale Abad e Adolfo Fernández (investigadores pre e postdoutorales das Universidades de Santiago e Vigo).

13:00.- Conferencia 4. Contextos,  produción e  tipoloxía dá cerámica romana de Reza Vella (Ourense). Mario César Vila (Doutor en Arqueoloxía pola  Universidade de Santiago de Compostela).

13:30.- Conferencia 5. Estudo preliminar da cerámica no val medio do río Miño durante a Tardorepública e o Alto Imperio. Alba Rodríguez Novoa (Investigadora  predoutoral da USC).

14:00.- Comida.

16:30.- Conferencia 6. Primeiras aproximacións ao estudo da cerámica de paredes finas no  ConventusLucensis: o caso de Iria Flavia,  Brigantium,  Cidadela e  Lucus Augusti. Verónica do Río Canedo (investigadora  predoutoral da USC).

17:00.- Conferencia 7. Contextos  cerámicos en  Lucus Augusti: intervencións da Praza de Santo Domingo e Ánxel Fole. Mª Covadonga Carreño Gascón (Arqueóloga Municipal do Concello de Lugo).

17:30.- Conferencia 8. Horizontes cerámicos de época romana na costa cantábrica lucense. O exemplo do Castro de Punta Atalaia, San Cibrao (Cervo, Lugo). Roberto Bartolomeu Abraira (investigador da USC),  Enrique Alcorta Irastorza (Doutor en arqueoloxía pola USC e arqueólogo da Deputación e do Museo Provincial de Lugo), Adrián Folgueira (investigador da USC) e Adolfo Fernández Fernández (Doutor en Arqueoloxía e profesor con bolsa  postdoutoral da  Universidade de Vigo).

18:00.- Pausa / Café

18:30.- Mesa Coloquio sobre o comercio en época romana no  NW peninsular. Participantes: Juan Naveiro López, Adolfo Fernández Fernández, Enrique  Alcorta Irastorza e Roberto Bartolomeu Abraira.

Xoves, 26 de abril

10:00.- Conferencia 9. Cerámicas AQTA: O proceso da investigación ao redor da súa produción, comercio e consumo. Ana Martínez Salcedo (Doutora en arqueoloxía pola universidade de Deusto, Bilbao), Milagros Esteban Delgado (Universidade de Deusto, Bilbao) e Mª Teresa Izquierdo Marculeta (Técnica da Dirección de Patrimonio Cultural).

10:40.- Conferencia 10. Traballo cooperativo e colaborativo no estudo  arqueométrico das cerámicas comúns  Aquitano-Tarraconense ( AQTA). Ainhoa Alonso Olazábal (Universidade do País Vasco, Departamento de Mineraloxía e  Petrología).

11:10.- Conferencia 11. Retomando as producións locais: un breve ensaio estatístico dalgúns casos concretos. Esperanza Martín Hernández (Licenciada en Historia pola Universidade de León).

11:40.- Pausa

12:10.- Conferencia 12. Producións cerámicas lucenses no territorio occidental de Asturias. Rubén Montes López (Arqueólogo) e Susana Hevia González (Directora do Museo Etnográfico de Grandas de  Salime, Asturias).

12:40.- Conferencia 13. Contextos  cerámicos do Castro de  Avelãs ( Bragança). Pedro Carvalho (profesor da Facultade de Letras da  Universidade de  Coimbra e investigador  do  CEAUCP/ CAM. Doutor en  Arqueoloxía, Portugal), e Adolfo Fernández Fernández (Doutor en Arqueoloxía e profesor con bolsa  postdoctoral da  Universidade de Vigo)

13.10.- Mesa Coloquio sobre o comercio en época romana no convento  asturicense. Participantes: Rubén Montes López, Susana Hevia González, Adolfo Fernández Fernández e Esperanza Martín Hernández.

14:00.- Comida

16:30.- Seminario/ workshop: Producións cerámicas dos conventos lucense e  bracarense. Ten como obxectivo divulgar as producións cerámicas de importación, rexionais e locais de época romana que aparecen nos diferentes xacementos do NW e Cantábrico Peninsular. Neste caso coas experiencias que achegarán os conferenciantes Juan Naveiro, Rui Morais, Adolfo Fernández,  Enrique Alcorta e Roberto Bartolomé para as producións do NW. Darase maior atención ás producións lucenses, cunha mostra das principais producións, coas súas diferentes etapas, tipos, etc. Con abundantes mostras de pezas destas producións, mostras de arxila,  engobes, etc.

17:30.- Pausa.

18:00.- Visita Museos Municipais (Porta Miñá e Doutor Castro)

Venres, 27 de abril

10:00.- Conferencia 14. Roma e o mareexternum. Reflexións sobre navegación e comercio no Atlántico.Carmen Fernández Ochoa (Catedrática de Arqueoloxía na Universidade Autónoma de Madrid).

11:00.- Conferencia 15. Ánforas e  lucernas no cuadrante noroeste da península ibérica.Ángel Morillo Cerdán e Rui Manuel Lopes de Sousa Morais (Catedrático Universidade Complutense de Madrid, Departamento de Ciencias e Técnicas  Historiográficas e de Arqueoloxía; e Doutor en Arqueoloxía e Profesor da  Facultade de Letras dá  Universidade  do Porto, Portugal, respectivamente).

11:40.- Pausa.

12:00.- Conferencia 16. A cerámica común romana no val do Ebro, e comercio periférico. Carmen Aguarod Otal (Doutora en arqueoloxía pola Universidade de Zaragoza e Xefa do servizo de Cultura do Concello de Zaragoza).

12:40.- Conferencia 17.  Tritium Magallum – LucusAugusti: unha ruta comercial en ambas as direccións. Mª Pilar Sáenz Preciado (profesora asociada na UNIR-Universidade Internacional da Rioxa).

13:20.- Mesa Coloquio sobre o comercio no cantábrico oriental e conca media e inicial do Ebro. Participantes: Ana Martínez Salcedo, Carmen Fernández  Ochoa, Ángel Morillo Cerdán, Carmen Aguarod Otal, e Mª Pilar Sáenz Preciado.

16:30.- Seminario/ workshop: Producións cerámicas do convento asturicense. Ten como obxectivo divulgar as producións cerámicas de importación, rexionais e locais de Época Romana que aparecen nos diferentes xacementos do NW e Cantábrico Peninsular. Neste caso coas experiencias que achegarán os conferenciantes Carmen Fernández  Ochoa, Ángel Morillo Cerdán, Rubén Montes, Susana Hevia e Esperanza Martín para as producións do Convento  Asturicense. Cunha mostra das principais producións, coas súas diferentes etapas, tipos, etc.

17:30.- Pausa.

18:00.- Visita Museos Municipais (Domus do Mitreo).

Sábado, 28 de abril

10:00.- Seminario/ Workshop. Producións cerámicas do cantábrico oriental. Ten como obxectivo divulgar as producións cerámicas de importación, rexionais e locais de Época Romana que aparecen nos diferentes xacementos do NW e Cantábrico Peninsular. Neste caso coas experiencias que achegarán os conferenciantes Carmen Aguarod, Ana Martínez Salcedo, Milagros Esteban, Mª Teresa Izquierdo e Ainhoa Alonso. Cunha mostra das principais producións da zona cántabra do País Vasco, coas súas diferentes etapas, tipos, etc.

11:30.- Pausa.

12:00.- Conclusións finais das xornadas, a cargo da Presidenta da SECAH,  Ana Martínez Salcedo.

12:30.- Conclusións xerais das xornadas a cargo dos seus coordinadores (Roberto Bartolomé Abraira e  Enrique González Fernández).

13:00.- Acto Clausura.

Audio

  • Daniel Piñeiro, sobre o estudo e difusión da cerámica antiga | Descargar mp3

Noticias relacionadas