O Concello aproba a licenza para a rehabilitación do Sanatorio Portela que será acondicionado como sede do INE

O Goberno local saca a licitación o subministro dun camión para obras e de dous  vehículos para a Policía Local e convoca o concurso para instalar postos de comida no Arde Lucus

Luis Álvarez denuncia as falacias coas que o PP disimula que pretende privatizar o servizo da auga 

Mércores, 25 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello aproba a licenza para a rehabilitación do Sanatorio Portela que será acondicionado como sede do INE

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou que o Concello concedeu hoxe unha licenza para a rehabilitación do edificio do antigo Sanatorio Portela que será acondicionado para sede do Instituto Nacional de Estatística.

Luis Álvarez felicitouse polo feito de que se vaia proceder á rehabilitación dun edificio catalogado que na actualidade presenta un deficiente estado de conservación.
Para o Voceiro do Goberno local, trátase dunha “boa nova para a cidade a rehabilitación deste edificio emblemático e que, ademais, vai dar servizo ós cidadáns ó converterse na sede dunha administración pública”.

O presuposto do proxecto para transformar este edificio de estilo racionalista, construído a finais da década de 1940 e obra do arquitecto Alfredo Vila, é de 1.814.853 euros e o prazo para a execución das obras é de 30 meses.

A Xunta de Goberno Local tamén acordou hoxe facer a encomenda de xestión a Evislusa para a redacción do proxecto básico e de execución para o desenvolvemento das obras a realizar no Cuartel de San Fernando para a súa conservación, dacordo co informe que xa realizara a empresa municipal. A estimación do custe deste traballo é de 6.050 euros.

O Goberno local tamén acordou convocar a contratación da subministración mediante lotes de 3 vehículos para os servizos municipais mediante unha operación de arrendamento financieiro. Trátase da subministración dun camión con cisterna de emulsión asfáltica e caixa basculante para a reparación do firme, e dous vehículos radio patrulla tipo monovolume para a policía local, un deles de ata sete prazas e o outro de cinco. O prezo máximo para o camión é de 150.000 euros, ive incluído; o do radio patrulla de 5+2 prazas de 34.000 euros, ive incluído, e o do radio patrulla de cinco prazas, de 32.500 euros, inve incluído. A duración do contrato será de catro anos improrrogables.

Na Xunta de Goberno deste mércores tamén se tomou a decisión de iniciar o contrato por lotes para a prestación dun servizo de información e dinamización dos centros de dinamización propiedade do Concello na zona rural e situados en San Xoán do Campo, Calde, Coeses, Santiago de Saa, Santa María de Bóveda, Santa Comba e Rubiás, correspondente cada un deles a un lote.

O prezo máximo do contrato será para o Lote 1 correspondente con San Xoan do Campo de 18.535 euros, Lote 2 Calde de 18.535 euros, Lote 3 correspondente a Coeses de 18.535 euros, o Lote 4 á local de Santiago de Saa por importe de 18.535 euros, o Lote 5 corresponde á Santa Maria de Bóveda cun prezo máximo de 5.718 euros, Lote 6 Santa Comba por un importe de 10.282 euros, e o Lote 7 Rubiás por un importe máximo de 7.756 euros, todos co ive incluido. O contrato terá unha duración de un ano.

O Goberno local acordou, ademais, autorizar o uso en precario de locais sitos na nave das asociacións ás seguintes asociacións: Sociedade Micolóxica Lucus o local 0; a Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez o Local 2; á Asociación Lucense de Esclerosis Múltiple (Alucem) o Local 3; a Asociación Lucense de Coches Antigos e Clásicos e a Unión Veciñais e Culturais de Lugo o Local 4; Federación de Asociacións de Veciños do Concello de Lugo Lucus Augusti o Local 5; a Sociedade Lucense de Canaricultura o uso do Local 6; a Raiolas Lugo o Local 7; ao Clube Escola Lucense de Tiro con Arco o Local 8; a Asociación Medrando en Lugo e a Asociación Sociocultural e educativa Bule, o Local 9; e a Asociación Cultural Cantigas e Frores no Local 10.

A Xunta de Goberno Local acordou, asimesmo, fóra da orde do día a apertura do procedemento para autorizar a instalación de postos de elaboración de comidas durante as festas do Arde Lucus. O número de postos será en total de 14 que se situarán nas prazas da Soidade, Anxo Fernández Gómez e Horta do Seminario, na rúa Tenente Coronel Teijeiro e no Pavillón Municipal. Serán concretamente cinco restaurantes, oito postos de elaboración e un de bebidas.

A autorización terá vixencia por un ano prorrogable a ta un máximo de tres. A adxudicación farase á mellor oferta tendo en conta unha taxa por metro cadrado ocupado e un canon en previsión dos beneficios da súa exploración, que se calculará tomando como referencia o establecido para as festas do San Froilán.

Tamén se autorizou o alleamento por venda directa da parcela sobrante situada na zona da rúa dos Canteiros do polígono industrial do Ceao. A parcela ten unha superficie de 94,84 m² e venderase á empresa colindante por importe de 9.519 euros.

Pavimentación das rúas do Ceao

O Voceiro do Goberno local tamén anunciou a celebración hoxe dunha xuntanza da Mesa de Contratación para a apertura de ofertas ó procedemento aberto convocado para levar a cabo as obras de pavimentación nas rúas do polígono industrial do Ceao.

A este concurso foron admitidas 28 ofertas doutras tantas empresas. A Mesa de Contratación detectou que algunhas das ofertas económicas poden incorrer en baixas temerarias polo que se acordou darlles un prazo ás empresas afectadas para que xustifiquen as súas ofertas antes de proceder á adxudicación das obras.

O proxecto de pavimentación nas rúas do polígono industrial do Ceao saiu a licitación cun presuposto máximo de 793.500 euros, IVE incluído, e un prazo para a execución da obra de catro meses.

Con esta actuación, vaise renovar o firme das rúas dos Artesáns, dos Canteiros, da Inspección, do Vidro, das Mercadorías, da Factoría, dos Carros, un carril da rúa da Industria e da ría da Agricultura e tamén se renovará a pavimentación, os servizos e as beirarrúas da avenida Benigno Rivera.

As falacias de Castiñeira

O Voceiro do Goberno local tamén instou a Jaime Castiñeira a sair a contarlle á opinión pública que a súa opción para xestionar o ciclo da auga é entregar a explotación deste servizo público a unha empresa privada.

Luis Álvarez aclarou que a opción da concesión, a única a que non se opuxo Castiñeira, é precisamenta a que tería consecuencias económicas para o peto dos veciños xa que para obligaría a facer unha importante suba no recibo porque ningunha empresa se interesaría pola explotación dun servizo deficitario.

Álvarez lembrou que Castiñeira opúxose no seu día á creación da Empresa mixta con maioría de capital público e agora tamén ó modelo de xestión directo polo Concello e sempre disfrazou a súa verdadeira opción argumentando a mesma falacia, que o recibo da auga ía experimentar unha suba brutal, cousa que nunca ocorreu.

Noticias relacionadas