- Tema
Venres, 08 de outubro de 2010
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco; e as Concelleiras de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, participaron esta tarde nunha marcha solidaria organizada pola ONG Manos Unidas.
A marcha na que participaron un nutrido grupo de lucenses, discorreu pola muralla e ía encabezada por unha pancarta co lema “…que a fame non sexa Patrimonio da Humanidade”.
Á altura da Mosqueira un grupo de rapaces leron textos reclamando o cumprimento dos obxectivos do Milenio.