O Concello acolle a presentación dun libro infantil sobre a cidade, De paseo con Paulo, obra da lucense Cristina Corral

Lara Méndez presentou este venres a obra, que conta a historia dunha avoa que leva de paseo ao seu neto por Lugo para explicarlle como é a súa cidade

Venres, 09 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello acolle a presentación dun libro infantil sobre a cidade, De paseo con Paulo, obra da lucense Cristina Corral

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a escritora lucense Cristina Corral, presentaron este venres no Salón de Plenos o libro De paseo con Paulo, unha guía infantil de Lugo. Ao acto tamén asisitu o editor do libro, Miguel Tobal.

No acto de presentación, a rexedora subliñou a aposta do Concello de Lugo “pola cultura e a súa difusión, en todas as disciplinas e para todas as idades”. De feito, o Concello destinou neste 2015 máis de 4,2 millóns de euros a un amplo abano de actividades culturais, á rede de museos, festas e citas culturais ou ao tecido asociativo cultural do concello. “A inversión realizada en cultura non é un gasto, sempre é rentable socialmente”, aseverou Méndez.

Neste senso, a Alcaldesa lembrou que o Concello conta cun servizo de publicacións que xa leva publicados varios centos de libros, o último o presentado os pasados dias, o nº12 da colección O San Froilán dos Devanceiros.

De Paseo con Paulo sae á luz tras a publicación de De Paseo con Crunia, unha guía de viaxe realizada polos diferentes barrios da Coruña para os máis cativos da casa, editada por Embora. Este libro conta a historia da avoa María, que leva de paseo ao seu neto Paulo pola cidade de Lugo e vaille explicando como é a súa cidade e a súa historia.

Noticias relacionadas