O CEI-NODUS acolle un taller orientado a impulsar a creatividade da mocidade luguesa

Venres, 29 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O CEI-NODUS acolle un taller orientado a impulsar a creatividade da mocidade luguesa

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, deulle a benvida este venres á vintena de participantes da xornada formativa LugoIdeasJump!, que acolleu ao longo desta mañá o CEI-NODUS. O Concello organizou este taller formativo dirixido á mocidade luguesa, que naceu ao abeiro das preocupacións expostas polos mozos e mozas no Young Lab, para impulsar a súa creatividade.

O profesional Ángel Matas foi o encargado de conducir esta xornada, que lles serviu aos mozos para afondar no seu desenvolvemento tanto a nivel persoal como profesional, dun xeito lúdico e motivador, un aspecto no que incidiu a edil durante a súa intervención.

Noticias relacionadas