Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O CEI-NODUS acolle un taller orientado a impulsar a creatividade da mocidade luguesa

O CEI-NODUS acolle un taller orientado a impulsar a creatividade da mocidade luguesa

  • Tema
    • Formación,
    • Emprego,
    • Emprendemento,
    • Xuventude
Venres, 29 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O CEI-NODUS acolle un taller orientado a impulsar a creatividade da mocidade luguesa

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, deulle a benvida este venres á vintena de participantes da xornada formativa LugoIdeasJump!, que acolleu ao longo desta mañá o CEI-NODUS. O Concello organizou este taller formativo dirixido á mocidade luguesa, que naceu ao abeiro das preocupacións expostas polos mozos e mozas no Young Lab, para impulsar a súa creatividade.

O profesional Ángel Matas foi o encargado de conducir esta xornada, que lles serviu aos mozos para afondar no seu desenvolvemento tanto a nivel persoal como profesional, dun xeito lúdico e motivador, un aspecto no que incidiu a edil durante a súa intervención.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-cei-nodus-acolle-un-taller-orientado-impulsar-creatividade-da-mocidade-luguesa