- Tema

No primeiro concurso convocado para seleccionar o cartel do Arde Lucus participaron máis de medio cento de obras
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe o cartel anunciador da undécima edición da festa do Arde Lucus. A obra seleccionada polo xurado presentouse co lema “A chama interior maniféstase” e o seu autor é o veciño de Lugo Iván Mouronte Barreiro.
O fallo do xurado produciuse este mediodía na Casa da Xuventude onde se atopan expostos ós 57 traballos presentados ó concurso convocado polo Concello. O gañador recibirá un premio valorado en 1.000 euros.
Para seleccionar o cartel que anunciará a undécima edición do Arde Lucus, a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude convocou, por primeira vez un concurso aberto a toda a poboación.
O Arde Lucus, que está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase o último fin de semana do mes de xuño, os días 22, 23 e 24.