O Camiño Primitivo, as rúas e prazas luguesas énchense ao longo deste verán de actividades culturais

Carmen Basadre presentou hoxe a programación para todos os públicos De verán nas rúas, que inclúe preto de 40 actividades gratuítas entre actuacións musicais, andainas, teatro e cine, dende mañá sábado ao 16 de setembro

Venres, 29 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Camiño Primitivo, as rúas e prazas luguesas énchense ao longo deste verán de actividades culturais

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este venres o programa De verán nas rúas, que inclúe preto de 40 actividades gratuítas para todos os públicos entre actuacións musicais, andainas, teatro e cine, dende este mañá sábado, 30 de xullo ao 16 de setembro, en diferentes prazas e rúas da cidade, así como no Camiño Primitivo.

“Con estas actividades, o Concello busca dinamizar os diferentes barrios da cidade ao longo do verán”, asegurou a edil, quen deu a coñecer polo miúdo a programación, que se divide en Camiño Sonoro, actuacións simultáneas de dous dúos clásicos en dous puntos estratéxicos do Camiño ao seu  paso pola cidade, Paseos polo Camiño Sonoro, andainas que rematan cun gran concerto dun cuarteto cláisico na Ponte Romana, Venres de Teatro, por parte da Asociación Cultural de Microefectos Dramatúrxicos que representará Mafalda, Superlixo de confianza, Fuga dos héroes, Amor con retraso, Cultura para todos, Planta 127, Militantes e Arte Contemporánea; así como Cinema na Caixiña, na que se fan proxeccións dirixidas a un público infantil dentro dunha caravana e Vai o verán, concertos a ritmo de soul e jazz. Ademais, haberá concertos de Cultura no  Camiño e Noites de Cinema en Feminino, películas protagonizadas por mulleres.

Camiño Sonoro

30 de xullo

  • Ás 20:00 horas na ronda das Fontiñas e na praza de Pío XII
  • Ás 21:00 horas na Porta de San Pedro e na Ponte Romana

15 de agosto

  • Ás 20:00 horas na ronda das Fontiñas e na praza de Pío XII
  • Ás 21:00 horas na Porta de San Pedro e na Ponte Romana

20 de agosto

  • Ás 20:00 horas na ronda das Fontiñas e na praza de Pío XII
  • Ás 21:00 horas na Porta de San Pedro e na Ponte Romana

27 de agosto

  • Ás 20:00 horas na ronda das Fontiñas e na praza de Pío XII
  • Ás 21:00 horas na Porta de San Pedro e na Ponte Romana

Dous Paseos polo Camiño Sonoro, os días 6 de agosto e 1 de setembro con saída ás 18:00 horas da Oficina Municipal de Turismo con percorrido polo Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade para rematar na Ponte Romana e gozar do gran concerto a partir das 20:00 horas.

Venres de Teatro, os días 12, 19 e 26 de agosto e 2 de setembro, ás 21:00 horas na Ponte Romana, Praza da Milagrosa, Praza de Águas Férreas, e na Praza de Campo Castelo.

Cinema na Caixiña, os xoves 18 e 25 de agosto e 1 e 8 de setembro. Cada día hai dúas sesións, unha pola mañá e outra pola tarde, nos seguintes emprazamentos:

Xoves 18 de agosto

  • 10:30 a 13:30 horas - Praza da Milagrosa
  • 18:00 a 21:00 horas - Praza Anxo Fernández Gómez

Xoves 25 de agosto

  • 10:30 a 13:30 horas - Parque da Milagrosa
  • 18:00 a 21:00 horas - Praza Maior (fondo)

Xoves 1 de setembro

  • 10:30 a 13:30 horas - Praza da Fonte dos Ranchos (explanada diante do parque infantil)
  • 18:00 a 21:00 horas - Praza Anxo Fernández Gómez

Xoves 8 de setembro

  • 10:30 a 13:30 horas - Praza de Augas Férreas 
  • 18:00 a 21:00 horas - Praza Maior (fondo)

Vai o Verán

  • Concerto de Marcos Pin Pin Jazz Duet ( coa voz de narci Rodríguez e Marcos Pin á guitarra) 

Venres 9 de setembro ás 21:00 horas na praza do Campo

  • Concerto de Ángeles Dorrio presentación do seu último disco “Ten Soul” 

Venres 16 de setembro ás 21 horas na praza de Campo Castelo

Cultura no Camiño

Sábado 13 de agosto – Praza de Santa María

  • Ás 13:30 horas – Música Infantil con Os Monifates en concerto
  • Ás 21:00 horas – Concerto de Lollipops & Piano de Gallaecia Eventos
  • Ás 22:30 horas – Música con Fanfarria Taquikardia en concerto 

Domingo 14 de agosto – Praza de Santa María

  • Ás 21:00 horas – Teatro con Lucecús Teatro e a obra A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderne 
  • Ás 21:30 horas – Teatro con Alberte Montes e a obra Albertadas 

Noites de Cinema en Feminino

Xoves 4 de agosto – Praza do Castiñeiro

  • Ás 22:00 horas – A fonte das mulleres de Radu Mihaileanu (Francia, 2011)

Xoves 11 de agosto – Ronda das Fontiñas

  • Ás 22:00 horas – Persépolis de Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud  (Francia, 2007)

Xoves 18 de agosto – Praza Maior

  • Ás 22:00 horas – Mataharis de Icíar Bollaín (España, 2007)

Xoves 25 de agosto – Praza Viana do Castelo

  • Ás 22:00 horas – Grbavica (O segredo de Esma) de Jasmila Zbanic (Bosnia y Herzegovina, 2006)

Xoves 1 de setembro – Praza da Milagrosa

  • Ás 22:00 horas – Auga de Dïpa Mehta (India, 2005)

Xoves 8 de setembro – Ponte Romana

  • Ás 22:00 horas – Moolaadé (Protección) de Ousmane Sembene (Senegal, 2004)

Multimedia

  • O Camiño Primitivo, as rúas e prazas luguesas énchense ao longo deste verán de actividades culturais
  • O Camiño Primitivo, as rúas e prazas luguesas énchense ao longo deste verán de actividades culturais

Noticias relacionadas