O Arde Lvcvs estrea nova páxina web con máis contidos e adaptada aos novos dispositivos electrónicos

Martes, 29 de maio de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O 17 de xuño tamén se vai poder xogar co Expugnatio, un xogo online na que loitan romanos contra castrexos

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e Javier Portomeñe, de empresa Faragullo, presentaron a nova páxina web do Arde Lucus (www.ardelucus.com). Este novo espazo conterá información sobre a festa, zonas de descarga para fondos de pantalla, os programas de actividades, así como fotografías, anuncios das empresas colaboradoras co Arde Lucus ou acceso ás redes sociais. Os contidos da web estarán dispoñibles en galego e castelán segundo informou Basadre.

A páxina conta coa himno oficial do Arde Lucus de fondo para conseguir un efecto máis espectacular ademais de contar con vídeos e módulos de noticias cos que se poderá interactuar. A responsable da área de Xuventude, explicou que o desenvolvemento e a difusión nas redes é moi importante para dar a coñecer a festa e as actividades que xiran en torno a ela.

Ademais, segundo adiantou Carmen Basadre, “por primeira vez todos os carteis do Arde Lucus contarán con códigos QR para que todas as persoas que dispoñan dese dispositivo nos teléfonos móbiles poidan descargar máis información, o programa ou incluso acceder ás redes sociais. “

Outra das novidades presentadas foi o programa dixital para dispositivos android que se poderán descargar no “market” dos mesmos. Este consta dos horarios e de información das diferentes actividades e ademais conta cunha característica de localización a través de mapas e GPS, desta maneira, poderán coñecer a situación exacta dos diferentes escenarios a través de rueiros.

Xogo online Expugnatio
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, e Paco Iglesias, tamén presentaron, Expugnatio, un xogo online de estratexia tipo taboleiro na que compiten castrexos e romanos.

Consiste en que as fichas romanas deben reducir ás castrexas a través dunha serie de movementos que se teñen que realizar nun tempo determinado. O xogo lánzase oficialmente o domingo 17 de xuño para que estea para a semana do Arde Lucus.

www.ardelucus.com

Multimedia

Noticias relacionadas