O Alcalde visita actividades de tai chi ó aire libre

Mércores, 14 de xullo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde e a Concelleira estiveron onte co profesor e os alumnos que practican tai chi no parque do Sagrado Corazón e hoxe visitarán ó grupo que fai esta actividade no parque da Milagrosa.

No parque do Sagrado Corazón desenvólvese esta actividade os martes e os xoves de 20.00 a 21.00 horas, cunha afluencia media de 15 a 20 usuarios. No da Milagrosa son entre 20 e 25 as persoas que practican tai chi ó aire libre os luns e mércores de 19.30 a 20.30 horas. E na praza de Augas Férreas esta actividade ten lugar os martes e xoves das 10.00 ás 11.00 horas.

Nos dous primeiros casos a actividade está programada para os meses de xullo e agosto mentres que en Augas Férreas terá lugar durante este mes de xullo.
En todos os casos trátase dunha actividade gratuíta, aberta a toda a poboación, sen necesidade de inscrición previa.

Programación verán 2010 Centros Sociais e de Convivencia (PDF 3,06 MB)

 

Multimedia

Noticias relacionadas