A Praza e o Mercado conta con máis de 100.000 puntos de luz led repartidos polas dúas instalacións.
Mércores, 20 de novembro de 2024
Fonte:
Gabinete de Prensa
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, deu por comezada da campaña de Nadal na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros co acendido das luces de Nadal de ambas instalacións. Cristina López afirmou que "co alumeado de Nadal queremos convidar á veciñanza de Lugo a que se achegue á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal e que coñeza os produtos de primeira calidade que se venden nestas dúas instalacións históricas".
Audio
- A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre o acendido das luces | Descargar mp3

