Miguel Fernandez presenta un amplo número de actividades deportivas que acontecerán durante o San Froilan que gozaran máis de 1500 persoas

Un total de 18 citas deportivas de máis dunha decena de modalidades diferentes, entre as que se atopa o ciclismo, fútbol sala, tiro con arco, atletismo, balonmán, hockey en liña, voleibol, judo, boxeo, pesca ou golf, entre outros.

Miguel Fernandez asegura "O San Froilán é a nosa festa patronal, é feira e é festa, pero tamén é unha cita deportiva na que 1.495 persoas poderán disfrutar do deporte na nosa cidade”.

O Concelleiro de Deportes agradeceu a implicación dos diferentes clubes deportivos da cidade pola colaboracion e implicacion deste amplo programa de actividades deportivas.

Venres, 20 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernandez presenta un amplo número de actividades deportivas que acontecerán durante o San Froilan que gozaran máis de 1500 persoas

O Concelleiro de Deportes, Miguel Fernandez, presentou hoxe en rolda de prensa o amplo número de actividades deportivas que haberá durante o San Froilán na cidade de Lugo que concentrará a máis de 1.500 persoas.
 
Un total de 18 citas deportivas de diferentes modalidades como, ciclismo, judo, squash, tiro con arco, carreira de montaña,  futbol 2º división, baseball softball, golf, hockey en liña, billar Pool, pesca, voleiball, dardos ou balonman, teran lugar entre o 28 de setembro e o 19 de outubro na cidade de Lugo.
 
O Concelleiro de Deportes agradeceu a implicación dos diferentes clubes deportivos da cidade pola colaboracion e implicacion deste amplo programa de actividades deportivas. E rematou explicando que “O deporte será un dos principais protagonistas do San Froilán, o obxectivo é promover a participación dos veciños nun calendario de actividades que contempla moitas das disciplinas deportivas que se practican no noso municipio”

Audio

  • O Concelleiro de Deportes, Miguel Fernandez, sobre as actividades deportivas | Descargar mp3

Noticias relacionadas