Miguel Fernández participa nas actividades para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer

A Presidenta de AFALU agradeceu a colaboración do Concello e da Deputación e lembrou a importancia de apostar pola investigación neste eido

Mércores, 21 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández participa nas actividades para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer

O voceiro municipal, Miguel Fernández, o Presidente da Deputación, Darío Campos, o Deputado de Cooperación cos Concellos, Emprego, Benestar e Igualdade, Álvaro Santos, e a Presidenta de AFALU, Carmen Pena, participaron este mércores na Praza de San Marcos nas actividades para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer. Neste acto, a Presidenta de AFALU agradeceu a colaboración do Concello e da Deputación e lembrou a importancia de apostar pola investigación neste eido.

 A xornada comezou ás 17:30 horas coa actuación do grupo gaiteiros Os Xardois e as funcións de maxia do magos Antón e David Ménendez. A continuación, presentouse o vídeo Sensibilización co Alzheimer realizado pola Fundación TIC. Ás 18:30 horas tivo lugar no Salón de actos da Deputación a conferencia Alimentación en la Enfermedad de Alzheimer a cargo de Iria Franco Peña, técnica de AFALU. De seguido, na sala de exposicións do organismo provincial, os magos Antón e David Menéndez realizaron varios espectáculos de maxia. Finalmente, proxectouse a película Arrugas, do director Ignacio Ferreras, gañadora de 2 premios Goya.

Noticias relacionadas