“Este ano contamos con 9 obras teatrais de primeira calidade, éxito de crítica e de público en diversos festivais de todo o Estado”, explicou Maite Ferreiro
A XXI edición da Mostra de Teatro Clásico terá lugar entre o 4 e o 21 de marzo no Auditorio Municipal Gustavo Freire

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico, que este ano contará con 9 obras que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire de cultura de calidade durante o mes de marzo. “Por segundo ano consecutivo, apostamos por concentrar a mostra no mes de marzo para facer máis doada a afluencia do público e a difusión da propia Mostra”, explicou Maite Ferreiro.
A Mostra de Teatro Clásico do 2021 contará tamén cunha importante aposta polas compañías galegas que no 2020 comezaron a producir obras clásicas. “Este ano case un 50% das obras son de compañías de traxectorias contrastadas como Chévere, Producións Teatrais Excéntricas ou Elefante Elegante”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “este ano incluiremos tamén a estrea absoluta de Quixote, de Pedras de Cartón, que forma parte da oferta para público familiar que se achega á Mostra de Teatro Clásico”.
Programación XXI Mostra de Teatro Clásico
Xoves 4, 20:00 Estrela de Día, de Produccións Excéntricas.
- Duración: 100 minutos.
- Idade recomendada: a partir de 13 anos.
- Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=RKUHQLDL95k
Xoves 6, 18:30 Castelvines & Monteses. Los amantes de Verona según Lope, de Barco Pirata e CNTC.
- Duración: 150 minutos (con dous descansos de 10 e 15 minutos respectivamente).
- Idade recomendada: A partir de 12 anos.
- Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=w-TFsLuhjQ4
Premios
- Premio Ceres 2013 a mellor director por Tempestad e Un Trozo Invisible de Este Mundo
- Nominación premios MAX 2014 a mellor director por Un Trozo Invisible de Este Mundo
- Premio MAX 2014 a mellor espectáculo por Un Trozo Invisible de Este Mundo
- Nominación premio Valle-Inclán a mellor dirección por La Cocina
- Nominación premios ADE 2017 a mellor dirección por La Cocina
- Premio Ercilla 2018 a mellor espectáculo por Lehman Trilogy
- Mención Festival de San Javier 2018 a mellor director e espectáculo por Lehman Trilogy
- Nominación premios MAX 2019 a mellor espectáculo por Lehman Trilogy
Domingo 7, 18:30 Quixote, de Pedras de Cartón.
- Duración: 45 minutos.
- Idade recomendada: a patir de 3 anos.
- Estrea absoluta en Lugo.
Xoves 11, 20:00 Bojiganga de Teatro del Cuervo.
- Duración: 90 minutos.
- Idade recomendada: a partir de 12 anos.
- Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=QDAts-G-pY8
Premios
- Premio OH! 2020 a mellor vestiario e caracterización
- Premio OH! 2020 a mellor escenografía e espazo escénico
- Premio OH! 2020 a mellor produción
- Premio OH! 2020 a mellor dirección
Sábado 13, 18:30 Dreaming Julliet de Elefante Elegante.
- Duración: 75 minutos.
- Idade Recomendada: a partir de 12 anos.
- Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=x1H_YzxPRPw
Domingo 14, 18:30 Celestina, la tragiclownmedia, de La Escalera de Tijera.
- Duración: 60 minutos.
- Idade recomendada: a partir de 13 anos.
- Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=dodd8mMpYqw&t=7s
Xoves 18, 20:00 As fillas bravas. O mito de Casandra, de Chévere.
- Duración: 60 minutos.
- Idade recomendada: a partir de 9 anos.
- Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=96mnv01xhR4
Premios
- Única compañía galega gañadora do Premio Nacional das Artes Escénicas
Sábado 20, 18:30 Hamlet, de Teatro do Chapitó.
- Duración: 90 minutos.
- Idade recomendada: a partir de 13 anos.
- Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=ExaZybil88U
- Compañía gañadora de numerosos premios do público en festivais galegos como o de Cangas ou o de Cariño, e en moitos outros certames do estado.
Domingo 21, 18:30 Andanzas y entremeses de Juan Rana, de Ron Ralá.
- Duración: 90 minutos.
- Idade recomendada: a partir dos 16 anos.
- Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=oBM2Q9VDLdA
Premios
Premio MAX das artes escénicas
- Mellor espectáculo musical no 2017 por Cervantina
- Mellor produción/empresa das artes escénicas no 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora
- Finalista á mellor adaptación no 2017 por Cervantina
- Finalista a mellor actor de reparto no 2017 por Cervantina
- Finalista a mellor espectáculo musical en 2012 por Siglo de Oro, siglo de ahora e no 2015 por En un lugar del Quijote
- Finalista a espectáculo revelación no 2009 por Mundo y Final
- Premios José Estruch do Teatro Principal de Alicante a Mellor Espectáculo e Mellor Director por Cervantina
- Premio do público FIOT en Carballo no 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora e no 2015 por En un lugar del Quijote
- Premio do público no Festival de Cartaya no 2015 por En un lugar del Quijote
- Premio do público no Festival de Ribadavia no 2014 por En un lugar del Quijote
- Premio do público do Teatro Rojas de Toledo en 2014 por En un lugar del Quijote
- Premio Ceres do Festival de Mérida a mellor vestiario en 2014 por En un lugar del Quijote
- Finalista do Premio de teatro Valle-Inclán de 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora
- Premio do Público, Mención Especial do Xurado e Mellor Director no Certame de Teatro Garnacha da Rioxa en 2011 por TIME al tiempo
- Finalistas do Premio de Teatro Mayte de 2007 por Mi misterio del interior
Entradas e bonos
A área de Cultura pon á disposición da veciñanza un bono para 8 representacións cun prezo de 35€.
A obra Quixote, para público familiar, terá un prezo único de 5€, e é a única representación non incluída nos bonos.
As entradas teñen un prezo de 8€ na zona A e 6€ na zona B, e contarán con descontos para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG, quedando as entrdas en 5€ para a zona A e 3.75€ para a zona B.
Audio
- A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico | Descargar mp3