Maite Ferreiro: “a imposibilidade de atopar defectos á programación cultural de Lugo levou ao Partido Popular a inventar contos”

A edil de Cultura lembrou que os servizos económicos e xurídicos do concello levan un estrito control de todos os gastos

“Gustaríanos que o PP mostrase a mesma preocupación pola programación cultural de Lugo desde a Xunta”, indicou Maite Ferreiro

Venres, 06 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, saíu ao paso das declaracións do Partido Popular indicando que “dende a área de Cultura buscamos programar a cultura na cidade de maneira que se garantan contidos variados, pensados para toda a veciñanza de Lugo”. Segundo Maite Ferreiro, “no Partido Popular, véndose incapaces de atopar defectos ás actividades organizadas nos últimos meses, tiveron que inventar contos para criticar, de maneira electoralista, a xestión da área de Cultura por parte do BNG”.

“O Partido Popular non debería criticar a contratación desta cooperativa, cando concellos gobernados por eles foron os primeiros en utilizar os seus servizos, como é o caso das cabalgatas da Coruña e Ourense, ademais da de Compostela, o que nos indica a gran calidade coa que traballan“, indicou Maite Ferreiro. “Gustaríanos que o Partido Popular mostrase a mesma preocupación pola programación cultural de Lugo desde a Xunta de Galiza”, indicou Maite Ferreiro.

“O concello de Lugo non pide xustificar a afiliación política ás empresas que contrata”, sentenciou a Concelleira de Cultura. “Todas as contratacións do servizo de Cultura realízanse seguindo a máis estrita legalidade”, lembrou Maite Ferreiro, e engadiu “dende os servizos económicos e xurídicos do Concello lévase un estrito control de todas as contratacións realiza.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre as declaracións do PP | Descargar mp3

Noticias relacionadas