Maite Ferreiro anuncia unha audición de corais para celebrar o 23 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade

O xoves 30 a partir das 18:00 o Vello Cárcere acollerá ao Coro do Hospital de Lugo e á coral vocal Lugh.

Ferreiro: “o aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade é unha das datas máis importantes para Lugo”.

Martes, 28 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro anuncia unha audición de corais para celebrar o 23 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, animou á veciñanza a participar nas actividades coas que o Concello de Lugo celebrará o 23 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Ferreiro afirmou que "celebramos unha data moi relevante na historia de Lugo, o aniversario da declaración como Patrimonio da Humanidade do noso monumento máis importante".

As corais do Hospital, Lugh darán un concerto no Vello Cárcere, realizando  unha homenaxe coral á muralla"A tradición da música coral que hai en Lugo pareceunos o mellor xeito de render unha homenaxe musical á muralla", explicou Maite Ferreiro. O acto terá lugar o xoves 30 a partir das 18 horas no Vello Cárcere. A xornada rematará co acto de entrega das Medallas de Ouro da cidade no MIHL, que se entregarán ás 19 asociacións de recreación histórica relacionadas co Arde Lucus.

Maite Ferreiro afirmou que "o recoñecemento da Muralla sería imposible sen a gran implicación que demostraron as institucións e a veciñanza de Lugo", e animou a todas as veciñas e veciños de Lugo "a gozar da muralla e a asistir ás actividades que celebran esta data tan sinalada para a cidade".

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o aniversario da Muralla | Descargar mp3

Noticias relacionadas