A programación enmárcase no movemento Localmente Lucense que a rexedora impulsou para dinamizar os barrios da cidade e fomentar o consumo en establecementos locais.
Ao mesmo tempo, continúa en marcha, ata o 31 de agosto, a campaña especial de rebaixas que premiará ás persoas que realicen compras nos comercios de Lugo.

Máis dunha trintena de actuacións musicais, obradoiros e actividades para todas as idades compoñen a programación de tardeos e noiteos do Goberno de Lara Méndez para o mes de agosto. Esta programación enmárcase no movemento Localmente Lucense que o executivo municipal puxo en marcha, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, para dinamizar as rúas e os barrios da cidade e impulsar as compras e o consumo no comercio e a hostalería local.
A rexedora lembrou, así mesmo, que paralelamente segue en marcha a campaña especial de rebaixas de verán “coa que dende o Concello queremos premiar a todas e todos os cidadáns que merquen nos establecementos de proximidade da cidade”. Deste xeito, aquelas persoas que preseten un tícket de compra superior a 10 euros, nalgún dos establecementos adheridos a Localmente Lucense, ata o 31 de agosto, participarán no sorteo de máis de 5.000 premios, entre os que se atopan bonos para voos cautivos en globo aerostático ou vales para gastar nos comercios de Lugo, entre outros agasallos.
Os tardeos de agosto terán lugar en horario de 17:00 a 20:00 horas, mentres que os noiteos celebraranse de 21:00 a 23:00 horas. Toda a información sobre as diferentes actividades pode atoparse na páxina web https://localmentelucense.gal/tardeosnoiteos/.
Programación dos tardeos e noiteos do mes de agosto:
LUNS 1
- TARDEO na Praza Roxa de Fingoi
Xoguemos cos avós: xogos populares galegos e DJ Mr Fishman - NOITEO na Pr. da Soidade
Actuación musical con Wicked World
MÉRCORES 3
- TARDEO no Parque Sagrado Corazón
Funny Photocall e DJ Lanneti Jr. - NOITEO na Rúa Divina Pastora
Actuación musical con Mustélidos
VENRES 5
- TARDEO na Pr. Anxo Fernández Gómez
Xogo de palas: Spiribol Challenge e DJ Marcos Peón - NOITEO na Fonte dos Ranchos
Actuación musical con ¿Pero cómo que Señor?
SÁBADO 6
- NOITEO na Rúa Rafael de Vega
Actuación musical con GreenBook
LUNS 8
- TARDEO na Pr. Agro do Rolo
A Feira no teu barrio e DJ Alex Nite - NOITEO na Rúa Isaac Díaz Pardo
Actuación musical con Camiños do Fado
MÉRCORES 10
- TARDEO na Fonte dos Ranchos
Conto Contigo con Capitana Conto e DJ Marcos Peón - NOITEO no Cruce As Gándaras
Actuación musical con Planeta B
VENRES 12
- TARDEO na Pr. Augas Férreas
Xogo de palas: Spiribol Challenge e DJ Kron - NOITEO na Pr. Campo Castelo
Actuación musical con Carta de ajuste
SÁBADO 13
- NOITEO en A Ponte
Actuación musical con Rut León y Familia
MARTES 16
- TARDEO na Pr. do Camiño Primitivo
Cirqueando na praza e DJ Fetén! - NOITEO na Rúa Divina Pastora
Actuación musical con Funkombo
MÉRCORES 17
- TARDEO na Pr. Anxo Fernández Gómez
Festa e bailes na túa praza e DJ Popy García - NOITEO na Fonte dos Ranchos
Actuación musical con La Disquetera
XOVES 18
- NOITEO na Rúa Rafael de Vega
Actuación musical con Wealman
VENRES 19
- TARDEO na Pr. Viana do Castelo
Xoguemos cos avós: xogos populares galegos e DJ Lanneti Jr. - NOITEO na Pr. Augas Férreas
Actuación musical a cargo de Muller
LUNS 22
- TARDEO en A Ponte
Xogando no Barrio: xogos xigantes interxeracionais e DJ Zé Pequeno - NOITEO en Cruce As Gándaras
Actuación musical con Physical Graffiti
MÉRCORES 24
- TARDEO na Ronda das Mercedes (esquina Avda. Madrid)
Funny Photocall e DJ La Sombra del Humo - NOITEO na Pr. da Soidade
Actuación musical con Holy Damn Band
VENRES 26
- TARDEO na Pr. Agro do Rolo
Cirqueando na praza e DJ Leivas - NOITEO na Rúa Divina Pastora
Actuación musical con Tango en Xan3iro
SÁBADO 27
- NOITEO na Praza Augas Férreas
Mago Rafa
LUNS 29
- TARDEO na Pr. da Soidade
Tardeo con maxia, co Mago Roberto Lolo e DJ Fetén! - NOITEO en A Ponte
Actuación musical con Marvin L
MARTES 30
- TARDEO na Praza Augas Férreas
Conto Contigo con Capitana Conto e DJ Leivas
MÉRCORES 31
- TARDEO na Pr. da Milagrosa
Festival de reciclaxe e DJ Juan Chousa