Máis de 700 alumnos e alumnas de nove centros educativos lucenses encherán a praza de Santa María con cantares do Arde Lucus

Mañá ás 12.30h a Praza Sta María acollerá a actividade ‘Cantar ó Arde Lucus’. En caso de choiva, a mesma será no mesmo horario pero trasladarase ao Polideportivo Municipal.

Nove centros educativos sumáronse a esta cita, organizada pola Escola Música Heiko, en colaboración co Concello de Lugo.

Xoves, 11 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 700 alumnos e alumnas de nove centros educativos lucenses encherán a praza de Santa María con cantares do Arde Lucus

Mañá, ás 12.30h, a Praza Sta María acollerá a actividade ‘Cantar ó Arde Lucus’, organizada pola Escola de Música Heiko, en colaboración co Concello de Lugo, a través da área de Xuventude, onde se darán cita nove centros educativos e máis de 700 alumnos. En caso de choiva, a xornada será á mesma hora, no Polideportivo Municipal.

O evento, será de balde, terá unha duración aproximada de unha hora e o repertorio incluirá catro composicións musicais que realzan a presencia de Roma en España, os asentamentos, o imperio e o arte, a convivencia multicultural, todas elas seleccionadas con especial coidado para xerar durante os diferentes ensaios un ambiente divertido para aprender, a través da musica un pouco máis das nosas orixes.

Participarán alumnos e alumnas do CPR. Franciscanos Lugo, CPR. San José Lugo, CEIP. Aneja, CEIP. Manuel Mallo Mallo, CPR. La Milagrosa Lugo, CEIP. Paradai, Colegio María Auxiliadora-Salesianas Lugo, CEIP. Albeiros e Colegio Fingoy.

A rexedora lucense, Lara Méndez animou a toda a cidadanía “a gozar deste espectáculo, que con tanta ilusión prepararon os nenos e nenas axudados polos músicos da Escola de Música Heiko” aos que agradeceu o traballo levado a cabo durante estes meses.

Noticias relacionadas