O xurado estivo formado por Estela Freire, xornalista e produtora audiovisual, Vanessa Somoza, deseñadora gráfica e Josefina Torres, do grupo de teatro Os Palimoquiños
O Concello entregou máis de 6.000 euros en premios

O Martes de Entroido acolleu o tradicional concurso de disfraces de adultos organizado pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, que este ano contou con máis de 200 participantes. Os concursantes desplegaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosos vecinos e veciñas. O xurado estivo formado por Estela Freire, xornalista e produtora audiovisual, Vanessa Somoza, deseñadora gráfica e Josefina Torres, do grupo de teatro Os Palimoquiños.
O concurso, que repartiu 6.850 euros en premios, comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron once persoas, que concursaron por tres premios principais, de 500, 300 e 200 euros e tres premios adicionais de 50 euros cada un. Os gañadores foron os seguintes:
- Exterminio apocalíptico
- La Fiera
- Reciclaxe
Resultaron premiados, ademáis:
- Descentrao
- Atopei un niño no entroido
- Espantabruxas, meigas e curuxas
As oito parellas presentadas competiron por tres premios principais (600, 400 e 300 euros) e cinco premios de 100 euros. As parellas gañadoras foron as seguintes:
- Catrinas da terra
- El baile de las mariposas
- A invención de Theo
Resultaron premiadas, ademáis, o resto de parellas participantes.
As quince comparsas concursantes competiron por tres premios de 1.100, 800 e 600 euros, xunto con sete premios adicionais de 200 euros. Gañaron as seguintes comparsas:
- Sorpresa, sorpresa!
- Os colgados
- Argalleiros
E foron premiadas, ademáis:
- Pop Art Show
- Carta na mesa, presa
- Volvendo á infancia con Barrio Sésamo
- Os apocalípticos
- La primavera ya llegó
- As medusainas
- Kyoto, tierra de gueixas y samuráis. La elección de una reina
Lista de participantes
- Individual
- Xira-xira xirasolsol nas pipas
- La fiera
- Espantabruxas, meigas e curuxas
- Atopei un niño no entroido
- Peluchín
- Armera (star wars)
- Reciclaxe
- Valquiria
- Exterminio apocalíptico
- Descentrao
- Fiesta carnaval
- A invención de Theo
- A tartaruga Tuga
- Catrinas da terra
- El baile de las mariposas
- Los guardianes del bosque
- Continente africano
- Aladín
- A la feira y al ruedo, olé y olé!
- Cancha balonmán
- Os colgados
- Argalleiros
- Pop art show
- Os Playmóbil
- Carta na mesa presa
- Barbie
- Volvendo á infancia con Barrio Sésamo
- Sorpresa, sorpresa!
- Cucacars
- Os apocalípticos
- Tirando da vaquiña de vimbio
- La primavera ya llegó
- As medusianas
- Kyoto, tierra de gueixas y samuráis. La elección de una reina