Aprobáronse sete licencias urbanísticas así como o arrendamento por dous anos de equipos multifunción e impresoras para os servicios municipais.
- Tema

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, a proposta da concellería de urbanismo de sete licencias, das que seis son privadas, entre as que obtiveron luz verde está a licencia do proxecto básico e de execución para ampliar o edificio destinado a recuperación de osos pardos na parroquia do Veral cun orzamento de 64.210 €, a execución é impulsada pola Xunta de Galicia.
Así mesmo aprobouse o arrendamento por dous anos con opción de compra de equipos multifunción e impresoras para os servicios municipais, adxudicación, cun importe de 316.197€ (IVE incluído) que gañou a empresa Sistemas Macrocopia.
Tamén obtivo luz verde definitiva a contratación da obra que finalizará o edificio la biblioteca de A Piringalla que se convertirá nun centro social, adxudicado a Obras Gallaecia por un importe de 818.712€ (IVE incluído)