Lugo, entre as cidades españolas coa auga máis barata

Os lucenses pagan 198 euros anuais, moi lonxe dos 510 euros dos residentes na cidade máis cara do territorio, Murcia. Así mesmo, Lugo posúe unha tarifa dun euro/m3 por debaixo do prezo medio da auga en España

Venres, 07 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A cidade de Lugo é unha das cidades españolas coa auga máis barata, segundo o último estudo realizado pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), que realizou unha análise sobre o prezo da auga en 53 cidades españolas para un consumo medio anual de 175 m3, que se corresponde co consumo dunha familia de catro membros.

No caso de Lugo, a pesar de contar con instalacións de moderna xeración, co custo de mantemento que isto supón, posúe unha das tarifas máis baixas, 1€/m3 por debaixo do prezo medio da auga en España, que é de 1,66 m3. Os lucenses pagan 0,66€/m3, é dicir 198 euros anuais, moi lonxe dos 2,01€/m3, 510 euros anuais dos residentes na cidade máis cara do territorio, Murcia.  

Ademais, Lugo continúa a ter unha das tarifas máis económicas de auga a pesar do canon de saneamento imposto pola Xunta de Galicia, que obrigou ao Concello a aboar máis de 1,3 millóns de euros o pasado ano 2015 á Comunidade Autónoma.

Noticias relacionadas