Lugo, coas mulleres enfermas de cancro de mama: “A túa loita é a miña loita”

A AECC lucense, El Progreso e o Concello organizaron con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama un acto de sensibilización na Praza Maior que incluíu o izado dun gran lazo de globos rosas no balcón do consistorio

Xoves, 19 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo, coas mulleres enfermas de cancro de mama: “A túa loita é a miña loita”

A Praza Maior acolleu este xoves un emotivo acto de conmemoración do Día Internacional contra o Cancro de Mama, organizado pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Lugo, o Grupo El Progreso e o Concello baixo o lema “A túa loita é a miña loita”, que simboliza a solidariedade e acompañamento de toda a sociedade lucense ás mulleres que padecen esta enfermidade.

No acto de sensibilización, presidido pola Alcaldesa, Lara Méndez, a presidenta da AECC de Lugo, María Luz Abella, e a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, participaron unhas 200 persoas, entre elas, membros da Corporación municipal e representantes doutras institucións, ademais de socias da AECC lucense e de veciños e veciñas.

A emocionante testemuña de Mireia López, unha enferma de cancro que simbolizou co relato da súa experiencia persoal o que miles de mulleres e familias pasan ao afrontar esta doenza sumouse ao reparto de lazos rosas identificativos da loita contra esta enfermidade. Ademais, formouse na Praza Maior un lazo con testos de flores rosas e izouse no balcón do consistorio un gran lazo de globos rosas, todo para visibilizar a enfermidade e reivindicar a importancia de “ter unha boa sanidade pública e seguir investindo en investigación co fin de que a alta porcentaxe de curación que se dá a día de hoxe chegue a ser do cen por cen”, subliñou a Alcaldesa.

Audio

  • Lara Méndez, sobre o Día Internacional contra o Cancro de Mama | Descargar mp3

Noticias relacionadas