Lugo celebra a tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento

A Alcaldesa de Lugo recibiu na Casa do Concello á rexedora de Mondoñedo, que foi a responsable de facer a Ofrenda na Catedral

Domingo, 25 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo celebra a tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por membros da Corporación Municipal, recibiu este domingo na Casa do Concello á rexedora de Mondoñedo, Elena Candia, que este ano foi a responsable de facer a tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, como Delegada Oferente.

A Ofrenda vense realizando na cidade dende o ano 1669 por parte dos representantes das sete capitais do antigo Reino de Galicia. Este acto solemne realízase só en Lugo, aínda que cada ano é unha das cidades a encargada da ofrenda.

Ademais de Lugo e Mondoñedo, participaron outras cidades do Antigo Reino de Galicia, asistindo representantes de Ourense, Betanzos e Tui, das Deputacións Provinciais, autoridades galegas e tamén locais.

Despois da Ofrenda, que tivo lugar na Catedral de Lugo, realizouse a procesión polas rúas da cidade.

Multimedia

  • Lugo celebra a tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento
  • Lugo celebra a tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento

Noticias relacionadas