Lugo celebra de novo o ArduinoDay, este sábado no CEI-NODUS

Ana Prieto e José Manuel López presentaron a programación, que terá lugar de 10:30 á 13:30 e de 16:30 á 19:30 horas

O Concello colabora con esta cita, coa que Lugo se une á outras celebracións que se realizarán o mesmo día e por todo o mundo para homenaxear o nacemento desta plataforma, que permite a construción de dispositivos dixitais

Martes, 02 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
 Lugo celebra de novo o ArduinoDay, este sábado no CEI-NODUS

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, xunto ao Presidente da Asociación MakersLugo, José Manuel López, presentaron, este martes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, o ArduinoDay que terá lugar este sábado, 6 de abril, no CEI-Nodus. Esta xuntanza, que se celebra por sexto ano consecutivo, expón diversas iniciativas relacionadas co arduino, unha plataforma de hardware libre para a creación de proxectos interactivos ademais de competicións de robots e talleres educativos para as persoas interesadas en profundizar máis no mundo da tecnoloxía. O Concello colabora con esta programación, coa que Lugo se une á centos de celebracións que se realizarán o mesmo día e por todo o mundo para homenaxear o nacemento desta plataforma, que permite a construción de dispositivos dixitais.

Na presentación, na que tamén estiveron presentes outros membros da Asociación MakersLugo, Ana Prieto convidou á veciñanza luguesa a achegarse ao CEI-NODUS a visitar este evento, aberto a todo o público.

Polsa súa banda, José Manuel López agradeceu a colaboración do Concello tanto co labor do colectivo como con esta cita.

O ArduinoDay poderá visitarse en horario de 10:30 á 13:30 horas e de 16:30 á 19:30 horas e contará coa presenza e as iniciativas de makers que ofrecerán aos visitantes unha gran variedade de proxectos para que poidan coñecer en profundidade. Tamén haber´un reto d eimpresión 3D, charlas (unha sobre Odoo+Arduino, outra sobre Cyclps-Project e outra de Iniciación á impresión 3D), competicións de robótica e talleres, sobre modelado en 3D, cohetes e escornabots, entre outros. Ademais as persoas interesadas en mostrar o seu traballo, ideas ou aparatos baseados no arduino, e participar poden apuntarse no seguinte enlace www.makerslugo.org

A plataforma Arduino

Arduino é unha plataforma de hardware libre, baseada nunha placa cun microcontrolador e un entorno de desenvolvemento, deseñada para facer fácil e barato, a principiantes e non especialistas, a creación de proxectos interactivos que integren sensores e actuadores electrónicos.

O arduino naceu no ano 2003, no Instituto de Deseño Interactivo na cidade italiana de Ivrea, como ferramenta para estudantes principalmente artísticos. Na última década, estendeu o seu obxectivo orixinal, converténdose nun dinamizador da industria global da electrónica e do movemento maker (baseado na colaboración e libre acceso á tecnoloxía).

Audio

Noticias relacionadas