Lugo acolleu diversos actos para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

Nos xardíns da Mosquera formouse un lazo xigante de flores de cor rosa, símbolo de loita contra unha enfermidade que afecta a unha de cada oito mulleres

Domingo, 23 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolleu diversos actos para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e membros da Corporación Municipal, participaron este domingo nos actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama, unha enfermidade que ten unha incidencia anual en España de máis de 25.000 casos.

Entre estas actividades, nos xardíns da Mosquera formouse un lazo xigante de flores de cor rosa, símbolo de loita contra unha enfermidade que afecta a unha de cada oito mulleres. O Concello colabora nesta iniciativa organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e o Grupo El Progreso para apoiar ás mulleres na súa loita diaria para superar esta enfermidade, pero tamén ás súas familias e amigos.

Multimedia

  • Lugo acolleu diversos actos para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

Noticias relacionadas