Lara Méndez recibe 25.000 mascarillas enviadas polo Goberno Central para repartir entre os colectivos vulnerables

A prioridade establecida para a repartición do material son os colectivos máis vulnerables dos municipios e cidades.

Lara Méndez destacou “a boa sintonía entre ambas administración”, e agradeceu a colaboracion á subdelegada do Goberno, Isabel  Rodriguez.

Mércores, 23 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe 25.000 mascarillas enviadas polo Goberno Central para repartir entre os colectivos vulnerables

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ven de recibir esta maña un total de 25.000 mascarillas, remitidas pola FEMP en colaboración co Ministerio de Sanidade e o Ministerio de Política Territorial e Función Pública, froito da campaña de reparto de 12 millons de máscaras entre os concellos de máis de 20.000 habitantes, as Federacións de Municipios Uniprovinciais, ás Deputacións Provinciais, Cabildos, Consellos Insulares e ás Deputacións Forais.

A alcaldesa de Lugo, agradeceu a colaboracion á subdelegada do Goberno, Isabel  Rodriguez e lembrou que “dende que se decretou o estado de alarma existiu unidade, comunicación e boa sintonía entre ambas administración ademáis de colaboración e coordinación a través, por exemplo do traballo levado a cabo tanto por Policía Local coma  Protección Civil. Se verdade hai compromiso, a colaboración institucional debe estar por  riba de todo”.

Isabel Rodríguez aproveitou para “destacar e agradecer o papel fundamental que están a xogar os concellos da provincia na atención a todas as persoas afectadas por esta grave crise sanitaria”

Noticias relacionadas