Mércores, 29 de xullo de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Asociacion Lugo Monumental, Luis Latorre, fixeron entrega este mércores dun recoñecemento a Daniel Romay, logo de toda unha vida dedicada á hostalería. En 1969 comezou a traballar como camarero no Verruga, e en 1978 fíxose cargo da Taberna ata a actualidade. Trala homenaxe, levouse a cabo o encendido dunha maqueta da Fonte de San Vicente, na sede da APEC.