Lara Méndez destaca “o gran traballo en equipo” que está a desenvolver a Policía Local durante a celebración da súa festividade

A rexedora presidiu este martes os actos de conmemoración da patroa do Corpo, María Auxiliadora, que incluiron un acto institucional no MIHL e a entrega de condecoracións.

Méndez trasladou o seu agradecemento aos axentes e membros da Policía Local polo seu labor diario e animounos a continuar na liña iniciada neste mandato.

Martes, 23 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca “o gran traballo en equipo” que está a desenvolver a Policía Local durante a celebración da súa festividade

A alcaldesa, Lara Méndez, presidiu este martes os actos de conmemoración da Festividade da Policía Local de Lugo. A xornada comezou ás 10:30 horas, coa formación da Policía diante da Casa Consistorial, onde a rexedora pasou revista co bastón de mando, acompañada polo Intendente Jesús Piñeiro, nuha cerimonia á que tamén acudiron os concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno xunto ao resto de representantes da Corporación Municipal e doutras institucións públicas como a Subdelegación do Goberno.

No transcurso da mañá, autoridades e resto de participantes asistiron á misa que tivo lugar na Catedral Básilica para honrar á protectora da Policía, a súa patroa, María Auxiliadora, e logo desprazáronse até o Museo Interactivo da Historia de Lugo onde se desenvolveu o acto institucional.

Durante o evento, a rexedora, Lara Méndez trasladou aos participantes o seu agradecemento polo seu labor diario e animounos a continuar na liña iniciada neste mandato, do que destacou “o entendemento e colaboración permanente, así como o gran traballo en equipo que se está a desenvolver, en boa parte, tamén, propiciado polo incremento de dotacións das que dispón o servizo, tanto en materia de recursos humanos como de equipamentos”.

Neste senso, Méndez puxo en valor a importancia do traballo da Policía Local en materia de seguridade viaria e protección cidadá; “pero tamén en tantas outras accións que contribúen a facer comunidade, como poden ser os operativos que permiten o desenvolvemento da vida cultural, deportiva e social do municipio ou as intervencións de axuda humanitaria”. “Todas esas actuacións –destacou a alcaldesa– son mostra do compromiso que mantedes con Lugo, ao que facedes máis seguro e amable co voso labor”.

Así mesmo, a rexedora lembrou “o traballo que realizastes en momentos tan complicados e incertos como os que trouxo a pandemia e que, sen dúbida, conseguiron mellorar as vidas de todas e todos os lucenses; unha difícil etapa na que quedou de manifesto o voso compromiso, profesionalidade e solidariedade ao servizo da sociedade e que vos foi recoñecido co outorgamento da Medalla de Ouro do Concello”.

Durante o acto, no que se fixo un sentido homenaxe aos axentes caídos, a Policía fixo entrega de diferentes galardóns para recoñecer os servizos prestados tanto polos inspectores como polos oficiais do Corpo local, alén de a representantes doutras forzas e corpos de seguridade. A continuación, indícase a relación de persoas condecoradas:

  • Cruz de servizos distinguidos ao Xeneral de Brigada, Xefe da Zona da Garda Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, D. Miguel Angel González Arias.
  • Cruz de servizos distinguidos ao Comisario, Xefe da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia, D. Jorge Rubal Pena.
  • Cruz de servizos distinguidos ao Inspector, Xefe do Grupo Operativo de Resposta da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Comisaría da Policía Nacional de Lugo, D. Hugo Saavedra Díaz.
  • Cruz de servizos distinguidos ao Intendente Xefe da Policía Local de Lugo, D. Jesús Piñeiro Santos.
  • Cruz de servizos distinguidos ao policía José Luis López Grandas.
  • Cruz de servizos distinguidos ao policía José Angel Núñez Pousado.
  • Cruz de servizos distinguidos ao policía Manuel Jesús Gayoso Real.
  • Cruz de servizos distinguidos ao policía Ramón Labrada Pérez.
  • Cruz de servizos distinguidos ao policía Alejandro Cordeiro Fernández.
  • Cruz de servizos distinguidos á policía Ana Rosa Rodríguez Pérez.

Finalmente realizouse tamén un recoñecemento a Isabel Varela López, Xefa da sección de Mobilidade Urbana e Sancións do Concello de Lugo.

Multimedia

  • Lara Méndez destaca “o gran traballo en equipo” que está a desenvolver a Policía Local durante a celebración da súa festividade
  • Lara Méndez destaca “o gran traballo en equipo” que está a desenvolver a Policía Local durante a celebración da súa festividade

Noticias relacionadas