Lara Méndez dá o pistoletazo de saída á segunda edición da Gold River Race, que partiu este venres dende a Ponte Romana de Lugo

Venres, 13 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez dá o pistoletazo de saída á segunda edición da Gold River Race, que partiu este venres dende a Ponte Romana de Lugo

A Alcaldesa, Lara Méndez, e o Concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, deron o pistoletazo de saída á segunda edición da Gold River Race, a competición de piragüismo de estilo ultramaratón que partiu este venres dende a Ponte Romana de Lugo e continuou ata o encoro de Belesar, nunha xornada na que se percorreron un total de 50 quilómetros.

Este evento, co cal colabora o Concello de Lugo, dende a área de Deportes, está organizado polo Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo, Club Fluvial Quixós de Monforte, Piragüismo Ourense, Náutico de Castrelo de Miño, Fluvial de Avión, Liceo Marítimo de Bouzas e Club Marítimo de Canido.

Durante a saída da proba, Lara Méndez saudou ao medallista olímpico ucraíno, Alexander Shaparenko, que foi nomeado embaixador internacional da competición. A alcaldesa subliñou que “é unha honra que a nosa cidade acolla a saída deste evento que, sen dúbida, contribuirá a poñer en valor as posibilidades deportivas e de turismo da Galicia interior”.

A segunda etapa sairá da Ponte Nova de Ourense e terminará en Barbantes, tras 30 quilómetros de travesía. Mentres que a terceira e última etapa terá lugar en Pontevedra, entre Crecente e Salvaterra de Miño.

Multimedia

  • Lara Méndez dá o pistoletazo de saída á segunda edición da Gold River Race, que partiu este venres dende a Ponte Romana de Lugo

Noticias relacionadas