Inaugurada a escultura da peregrina na Praza do Carme, coa que se pecha a importante reforma que dinamizará o barrio

O concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sinala que a instalación da escultura de Miguel Couto fronte á Porta Miñá, onde conflúen dous patrimonios da humanidade, pon en valor a ruta primitiva e a Muralla.

Xoves, 27 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Inaugurada a escultura da peregrina na Praza do Carme, coa que se pecha a importante reforma que dinamizará o barrio

O concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, acompañado de varios concelleiros e concelleiras do Goberno Local e do escultor, Miguel Couto, inaugurou estar tarde a obra da muller peregrina, coa que “se pecha da mellor forma posible a reforma e a posta en valor desta contorna coa que se axudará a dinamizar o barrio do Carme, dentro desa estratexia DUSI Miramiñae, para conectar o centro de Lugo co río Miño”.

A escultura, realizada en bronce, está situada en plena Praza do Carme, fronte á Porta Miña, nun punto onde conflúen dous patrimonios da humanidade: a Muralla e o Camiño de Santiago, nunha das súas alternativas que atravesa Lugo, como é o Camiño Primitivo. “Esta muller peregrina simboliza a espiritualidade e a calma, conceptos moi vinculados a Lugo e ao propio Camiño de Santiago, poñendo en valor a Muralla como a propia ruta primitiva”, sinalou Mauricio Repetto.

Multimedia

  • Inaugurada a escultura da peregrina na Praza do Carme, coa que se pecha a importante reforma que dinamizará o barrio
  • Inaugurada a escultura da peregrina na Praza do Carme, coa que se pecha a importante reforma que dinamizará o barrio

Noticias relacionadas