González Dopeso asiste a unha reunión informativa do Eixo Atlántico sobre o programa europeo LIFE+

Sábado, 10 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os responsables de medio ambiente dos 18 concellos que conforman o sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e responsables da CCDR-N reuniranse o venres na Casa Consistorial ourensana cos responsables do Programa LIFE+ da Unión Europea.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e o Enxeñeiro Técnico do Servizo asistirán a esta reunión en representación do Concello de Lugo.

O programa LIFE+ constitúe o instrumento financieiro máis importante da Unión Europea para a actuación en materia medioambiental, destinado a racionalizar e simplificar a concesión de financiación durante o novo período de fondos comunitarios 2007-2013. LIFE+ sustitúe aos programas financieiros LIFE, o programa urbano, o programa ONG e Forest Focus, co fin de reunilos nun conxunto único de normas e procedementos de decisión e focalizar de forma máis precisa as intervencións comunitarias facéndoas deste xeito máis eficaces.
 
As actuacións do programa LIFE+ van orientadas a dous ámbetos: Aplicación e gobernanza, (que abarca  entre o 75% e o 85% dos fondos) co fin de facilitar o desenvolvemento de instrumentos innovadores que permitan a posta en marcha da política europea de medio ambiente a nivel rexional e local; e a Información e Comunicación (entre o 2% e o 25% dos fondos do programa) para fomentar a difusión de información e aumentar a sensibilización dos cidadáns en materia medioambiental.
 
O obxectivo principal da reunión é que as cidades obteñan información directa sobre a política medioambiental da Unión Europea e dos instrumentos financieiros que permiten o seu desenvolvemento.

Con este encontro ábrese un ciclo de reunións coa Unión Europea nas principais áreas de traballo do Eixo Atlántico (cultura, modernización administrativa, innovación, educación, enerxía e medioambiente, turismo e xuventude) que se desenvolverá ao longo de todo o 2007, ano no que comeza o novo período de programación dos Fondos Comunitarios.
 
 

Noticias relacionadas