Felipe Rivas inicia o proceso “para que a Xunta asuma as escolas infantís”

Felipe Rivas: “a Xunta inviste 17.000€ para catro escolas infantís municipais mentres que o Concello aporta 123.000€ á única do Consorcio”

A concellería de educación inviste anualmente máis de un millón de euros neste servizo

Mércores, 15 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Felipe Rivas inicia o proceso “para que a Xunta asuma as escolas infantís”

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciaron en rolda de prensa que a concellería de Educación contactará coa Xunta de Galiza “para que asuma a xestión das Escolas Infantís Municipais”. Rubén Arroxo indicou que “tras as declaracións do presidente da Xunta de Galiza ao respecto das melloras que quere ofertar, entendemos que a Xunta de Galiza ten que asumir das súas competencias”.

“A concellería de Educación inviste anualmente máis de 1.300.000€ para ofrecer este servizo a máis de 200 nenas e nenos”, indicou Felipe Rivas, que engadiu “aproximadamente un 10% desta inversión procede das taxas que ingresan as familias”. “Se a Xunta aplica a gratuidade para a segunda irmá, perderíanse parte destes ingresos sen que a Xunta nos ofreza unha explicación de como se vai compensar esta situación”. Felipe Rivas indicou tamén que “a Xunta de Galiza aporta anualmente 17.000€ para as 4 garderías do concello mentres que o concello está a investir 123.000€ anuais na única escola infantil do Consorcio que hai en Lugo”.

“Agardamos que a Xunta de Galiza mostre compromiso e este proceso se estenda o menos posible no tempo”, declarou o edil nacionalista, que engadiu “no pasado o BNG xa defendeu que a xestión das escolas se trasladara á rede de galescolas”.

Audio

  • O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre as escolas infantís | Descargar mp3
  • O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre as escolas infantís | Descargar mp3

Multimedia

  • Felipe Rivas inicia o proceso “para que a Xunta asuma as escolas infantís”

Noticias relacionadas