A feira Gastroarte achega os mellores produtos de artesanía e gastronomía ao longo do San Froilán na rúa Puro Cora

A terceira edición desta feira posta en marcha polo Concello, que conta con 24 postos, permanecerá aberta ata o día 12 de outubro dentro do propio recinto feiral

Xoves, 06 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Foto de arquivo da visita realizada por Carmen Basadre, Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, á feira Gastroarte

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, animou este xoves á cidadanía a visitar os expositores da terceira edición de Gastroarte, a feira de artesanía e gastronomía que pon en marcha o Concello para promover os produtos gastronómicos e artesáns aproveitando a afluencia de visitantes á capital durante os días de celebración do San Froilán, Festa de Interese Turístico Galego e Nacional.
 
Nesta edición, Gastroarte conta con 24 postos que estarán abertos ata o día 12 de outubro dentro do propio recinto feiral, na rúa Puro Cora, en horario de mañá e de tarde pola semana e os días 8, 9 e 12  de outubro en horario continuado dende a mañá e ata a noite.

Na feira están presentes os seguintes expositores:

  • Pitiflús (El Éjido, Almería): Artesanía en tea e feltro
  • Títeres (Hervás, Cáceres): La Tiendita Bonecas e monicreques
  • Santín Cuero (Sigrás, Cambre, A Coruña): Artesanía en coiro
  • Artesanía Precolombiana (Toledo): Artesanía de ourivería precolombina do Museo do Ouro de Bogotá
  • Artesanía en Olivo (Lugo): Artesanía en madeira de oliveira
  • Artesás de Noces (Lugo): Gastronomía en galletas artesanais de noces
  • E. Ferro (Merza, Vila de Cruces, Pontevedra): Artesanía en coiro e zocos tradicionais e modernos que conta con dous postos
  • Alfarería (O Toural, Vilaboa, Pontevedra): Olería
  • Licores Celsa (O Toural, Vilaboa, Pontevedra): Licores artesáns de 13 sabores
  • Queixos Campo Capela (A Capela, A Coruña): Gastronomía en queixos de Tetilla e requeixos de D.O.P.
  • Produto Balear (Lugo): Gastronomía en sobrasada de Mallorca e queixo de Mahón
  • Queixos Xigantes Alpes (Noia, A Coruña): Gastronomía de queixos xigantes Alpes D.O.P. de Francia
  • Queixería Prestes (Prestes, San Simón da Costa, Vilalba, Lugo): Gastronomía de queixos D.O.P. San Simón da Costa e Tetilla, queixo azul Lara & Sara, patelo, curado, mestura, entre outros
  • Embutidos Suarna (Navia de Suarna): Elaboración e venda de embutidos
  • Vinissi (Lugo): Gastronomía  en viño D.O.P. galegas, produtos gourmet e conservas ecolóxicas
  • Forno de Lugo (Uriz, Castroverde, Lugo): Gastronomía en panadería galega tradicional que conta con dous postos
  • Esteban Cuadrado Modelado (Sopuerta, Vizcaia): Ceramista, belenista e modelado
  • Liño e Lá Coiro Enxebre (Gondomar, Pontevedra): Artesanía en traxe tradicional e complementos de moda
  • Varo Caride (Vigo): Artesanía en coiro
  • Duam (Trapagarán, Vizcaia): Roupa en complementos
  • Laia Zapateiros (Melide, A Coruña): Zapateiro artesán que conta con dous postos

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a IIIª edición da feira Gastroarte | Descargar mp3

Noticias relacionadas