A facturación electrónica, a debate na sede de Federación de Comercio

Luns, 16 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A facturación electrónica, a debate na sede de Federación de Comercio

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este luns, na Sede de Feración de Comercio, unhas xornadas sobre a facturación electrónica, que foi impartida por dúas técnicos municipais. No acto, ao que tamén asistiu a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, a rexedora puxo en valor a entrada en vigor da ordenanza de Administración Electrónica, o que facilitará o trámite para todos os proveedores, axilizando o procedemento, aumentando a trasnparencia e sendo máis respectuosos co Medio Ambiente, posto que se elimina o uso do papel.

Noticias relacionadas