Ferreiros, carpinteiros ou oleiros forman o Nacemento de pezas de madeira, obra do lucense Luis Manuel Santos Dobarro
Luns, 23 de novembro de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa

Dende este luns pódese ver na Casa do Concello un Belén con representacións de distintos oficios tradicionais. O autor deste Nacemento, situado na entrada do consistorio –xunto ao servizo de Cultura-, foi o carpinteiro Luis Manuel Santos Dobarro, da parroquia lucense de Tirimol, quen realizou todas as pezas expostas en madeira. Ademais do portal, conta cunha ferrería, un mesón, carpintería, granxa e olería, entre outros que se irán sumando os vindeiros días.

